Raxa al-Xidawi

actriz exipcia

Raxa al-Xidawi, nada en Ismailia o 6 de setembro de 1934 e finada na mesma cidade o 5 de xullo de 2020, foi unha modelo e actriz exipcia. A súa carreira como actriz comezou en 1958 e continuou nos sesenta anos seguintes, o que a converteu, canda Mimi Jamal, na actriz exipcia coa carreira máis longa.

Infotaula de personaRaxa al-Xidawi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) رجاء الجدَّاوي Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) نجاة علي حسن الجدَّاوي Editar o valor em Wikidata
6 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Ismailia (Reino de Exipto) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Ismailia, Exipto Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeExipto (1971–2020)
República Árabe Unida (1958–1971)
República do Egito (pt) Traducir (1953–1958)
Reino de Exipto (1934–1952) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 2020 Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua francesa, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHassan Mokhtar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesTaheyya Kariokka (pt) Traducir (Tía) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1145232 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Raxa criouse na cidade do Cairo onde foi, acompañada do seu irmán máis vello Faruk, para vivir coa súa tía, a bailarina e actriz, Tahia Carioca, que se ocupou deles. Asistiu á escola franciscana da capital exipcia, e alí estudou francés e italiano, e despois traballou no departamento de tradución dunha empresa de publicidade. En 1958 gañou un concurso de beleza, o que lle abriu as portas para traballar como modelo[1] e despois pasou ao mundo do cinema. A súa primeira interpretación fíxoa no filme Doaa al-Karawan. Moi activa na década de 1960 e 1970, traballou con Adel Imam en títulos como Al Sayed al-Shaghal e Al Zaeem. Casou co porteiro do Ismaili e mais da selección nacional de Exipto, Hassan Mukhtar, o 22 de novembro de 1970. Co xornalista Amr Adib tamén presentou un programa de televisión. Ao longo do século XXI especializouse en papeis de mulleres aristocráticas en numerosas series de televisión.

O 24 de maio de 2020 diagnosticáronlle coronavirus mentres rodaba unha serie para a televisión e quedou en illamento no hospital de Ismailia

Notas editar

  1. "Ragaa Al-Geddawy". elcimena.com.