Rawson é a cidade capital da provincia arxentina do Chubut, e cidade cabeceira do departamento homónimo, sendo a capital provincial de menor poboación do país. É unha cidade dedicada á administración, con varios edificios gobernamentais dos anos 1970, que ademais ten diversos atractivos culturais.[1]
A cidade atópase no val inferior do río Chubut, a 7 km da desembocadura do río no océano Atlántico.[2] Nese lugar encóntrase Puerto Rawson, de actividade netamente pesqueira, onde destaca a "frota amarela", de barcos que pescan maiormente merluzas e lagostinos. Ademais, a 600 metros do porto atópase Playa Unión, balneario sobre mar aberto que recibe grande afluencia de turistas cada verán.[3]