A rarefacción[1] é a redución da densidade dun elemento, normalmente entendida coma unha redución de presión respecto a presión local. Ao xeito dunha onda de compresión, pode viaxar en ondas (ondas sonoras, por exemplo). As ondas rarefactadas tamén existen na natureza. Unha onda de rarefacción común é a área de baixa presión relativa a raíz dunha onda de choque.

Exemplo de rarefacción na fase dunha onda sonora. Unha parte reflicte a compresión que experimenta o medio, e a outra a súa expansión ou rarefacción.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rarefacción.

 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.