Raquel Vázquez
Raquel Vázquez Díaz, nada en Lugo no ano 1990[1], é unha escritora e poeta galega que escribe en lingua castelá.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1990 ![]() Lugo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, graduada en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña[2] e Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato. En 2019 traballaba na Coruña como informática.[1]
Algúns dos seus poemas foron publicados en revistas literarias como Quimera,[3] Estación Poesía,[4] Oculta[5] e Cuaderno Ático,[6] entre outras, así como nas antoloxías Sin fronteras. Antología de poetas gallegos contemporáneos que escriben en español (Editorial Renacimiento, 2018; edición de Ana Eire)[7] e Insumisas. Poesía crítica contemporánea de mujeres (Baile del Sol, 2019; edición de Alberto García-Teresa)[8].
Publicou os libros de poesía Por el envés del tiempo (Premio Poeta Juan Calderón Matador; Vigo, Cardeñoso, 2011), Pinacoteca de los sueños rotos (Granada, Islavaria, 2012), Luna turbia (Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes;[9] Madrid, Torremozas, 2013), Lied de lluvia para una piel ausente (Premio de Poesía Granajoven;[10] Granada, Alhulia, 2014) e Si el neón no basta[11] (Sevilla, La Isla de Siltolá, 2015). O seu poemario máis recente, El hilo del invierno (Madrid, Ediciones Hiperión, 2016), obtivo o premio "Nueva Valencia de Poesía Joven" da Institució Alfons el Magnànim.[12]
Foi bolseira residente da Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores durante o curso 2014/15, traballando nun proxecto de carácter narrativo,[13] novela que foi publicada en 2017 co título de Chomolangma (Sevilla, La Isla de Siltolá, 2017).[14]
En narrativa publicou o libro de contos La ocarina del tiempo (A Coruña, Trifolium, 2016)[15] e Paralelo 36 (Talentura, 2019).
Como aforista, está incluída na antoloxía de Manuel Neila Bajo el signo de Atenea. Diez aforistas de hoy (Editorial Renacimiento, 2017).
Obras
editarPoesía
- Por el envés del tiempo (2011). Cardeñoso.
- Pinacoteca de los sueños rotos (2012). Islavaria.
- Luna turbia (2013). Torremozas.
- Lied de lluvia para una piel ausente (2014). Alhulia.
- Si el neón no basta (2015). La Isla de Siltolá.
- El hilo del invierno (2016). Hiperión.
- Lenguaje ensamblador (2019). Editorial Renacimiento.
- Aunque los mapas (2020). Visor de Poesía. 66 páxs.
Narrativa
- Paralelo 36 (2019). Talentura Libros.
- Chomolangma (2017). La Isla de Siltolá.
- La ocarina del tiempo (2016). Trifolium.
Premios
editar- 2011: Premio Poeta Juan Calderón Matador por Por el envés del tiempo.
- 2013: Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes por Luna turbia.
- 2014: Premio de Poesía Granajoven por Lied de lluvia para una piel ausente.
- 2016: Premio Nueva Valencia de la Institució Alfons el Magnànim por El hilo del invierno.
- 2019: Premio de Poesía Loewe a la Creación Joven —dotado con 8.000 euros— polo seu libro Aunque los mapas.[16]
- 2019: Premio Mellor TFG: “Análise e estudo comparativo da aleatoriedade na disposición do espazo de direccións en Windows 10 e Ubuntu 18.04 LTS”. Entregado no 1º encontro de ciberseguridade organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.[17]
- 2019: Orizzonte Atlántico: Premio Letterario Internazionale Indipendente, por Lenguaje ensamblador.[18]
- 2021: Premio Ojo Crítico de Poesía.[1][19]
Notas
editarTodas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.
- ↑ 1,0 1,1 Jaureguizar (09/10/2018). "Estudo xaponés, corro e toco a mandolina para comunicarme". Diario de Pontevedra.
- ↑ "Raquel Vázquez". www.goodreads.com (en castelán). Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Quimera: Revista de literatura. Nº 398, 2017". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Presentacióbn nº 13 Estación Poesía". servicio.us.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Tres poemas de Raquel Vázquez (España, 1990)". Oculta Lit (en castelán). 2016-08-19. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Cuaderno Ático 6". Issuu (en inglés). Consultado o 2019-10-09.
- ↑ sin fronteras.
- ↑ "BookLibrary". bailedelsol.org. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "La gallega Raquel Vázquez gana el Premio Gloria Fuertes de poesía joven". Terra. 21 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
- ↑ "La escritora coruñesa Raquel Vázquez conquista el Premio de Poesía Granajoven 2014". Ayuntamiento de Granada. 22 de maio de 2014.
- ↑ "Ficha de "Si el neón no basta"". Ediciones de La Isla de Siltolá. 1 de outubro de 2015.
- ↑ "Manel Marí, Constantino Molina, Teresa Broseta, José Vicente Pascual y Jordi Julià, ganadores de los premios València del Magnànim 2016". eldiario.es. 19 de setembro de 2016.
- ↑ "Promoción 13 (Curso 2014-15). Raquel Vázquez". Fundación Antonio Gala. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Raquel Vázquez publica "Chomolangma", su primera novela". Fundación Antonio Gala. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2017.
- ↑ "Ficha de La ocarina del tiempo". UDLLibros. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Efe (2019-10-08). "La lucense Raquel Vázquez gana el Premio de Poesía Loewe a la Creación Joven". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "O CPEIG e a cátedra R en Ciberseguridade impulsan o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital. Colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia". www.cpeig.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-29.
- ↑ "2019: Premio Letterario Internazionale Indipendente". orizzonteatlantico (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ RTVE.es (2021-06-25). "'El Ojo Crítico' entrega sus premios al joven talento". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-06-30.