Raquel Lesteiro López
Raquel Lesteiro López, nada en Pontevedra o 29 de agosto de 1902 e finada en Bilbao o 24 de xullo de 1967, foi unha hispanista e arquiveira galega, membro da Sección Hispanoamericana do Centro de Estudos Históricos e Directora do Arquivo Histórico de Pontevedra.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1902 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 24 de xullo de 1967 ![]() Bilbao, España ![]() |
Educación | Universidade Central ![]() |
Actividade | |
Ocupación | hispanista, arquiveira, bibliotecaria ![]() |
Empregador | Universidade de Gotemburgo Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Iglesia Parga ![]() |
Fillos | María Fernanda Iglesia Lesteiro ![]() |
Pai | Manuel Lesteiro Martínez ![]() |
Irmáns | Manuel Lesteiro López ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFormación e docencia
editarFilla de Manuel Lesteiro Martínez e Ramona López Franco. En 1921 trasladouse a Madrid para instalarse na Residencia de Señoritas de María de Maeztu.[1] Licenciouse na Sección de Historia de Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid en 1925,[2] sendo unha das poucas mulleres universitarias da súa época,[3] e só un ano despois obtivo o grao de doutora en Filosofía e Letras.[4] Durante a súa etapa como estudante converteuse nunha das primeiras cen socias do Ateneo de Madrid[5] e compartiu vivenda por un breve espazo de tempo con Victoria Kent[6] antes de fixar a súa residencia definitivamente no número 64 da rúa Núñez de Balboa.[7]
Ao rematar o doutoramento, exerceu durante dous anos como profesora de Lingua Española no Instituto-Escuela de Madrid, onde ademais de compartir claustro con Dámaso Alonso, Navarro Tomás, Sánchez-Albornoz, Gili Gaya e Amado Alonso[8] coñeceu ao historiador Ramón Iglesia, con quen casou en 1928.[9] Ese mesmo ano, ao gañar o seu home e ela cos números dous e un respectivamente as prazas convocadas pola Junta de Ampliación de Estudios para leitorados no estranxeiro, trasladáronse a Suecia como lectores de Lingua Española na Universidade de Gotemburgo, onde permaneceron durante dous cursos.[10]
Etapa americanista
editarDe regreso a Madrid entrou a formar parte do Centro de Estudios Históricos, dirixido por Menéndez Pidal, que fora o seu profesor na universidade. Foi con Ramón Iglesia e Ángel Rosenblat un dos tres especialistas en estudos lingüísticos e literarios que Américo Castro elixiu para encabezar a recentemente fundada Sección Hispanoamericana[11] e compoñer o equipo de redacción da súa revista, Tierra Firme,[12] co cometido de fomentar a memoria cultural dos pobos de fala española.[13]
En 1932 comezou a traballar co seu home na primeira edición crítica da Historia verdadera de la conquista de la Nueva España de Bernal Díaz del Castillo.[14] O proxecto quedou inconcluso a causa do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, e coa desaparición do Centro de Estudios Históricos pasou a mans do CSIC.[15]
Actividade como arquiveira
editarEn 1933 iniciou a súa carreira de arquiveira ao acceder por oposición ao Corpo Auxiliar de Arquiiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos,[16] adscrita en comisión á Biblioteca de Dereito e á Biblioteca de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, e dende 1935, ao Arquivo Histórico de Ávila.[17] Durante esta etapa converteuse nunha das socias fundadoras da Asociación de Bibliotecarios e Bibliógrafos de España,[18] e participou activamente na difusión das Misións Pedagóxicas en Galicia.[19] En 1941 por oposición, entrou no Corpo Facultativo e regresou a Pontevedra como Xefa do Arquivo da Delegación de Facenda na cidade,[20] cuxa dirección alcanzou en 1954.[1]
En 1955 foi nomeada directora do Arquiivo Histórico Provincial de Pontevedra, sucedendo no cargo a Enrique Fernández-Villamil como segunda directora na historia da institución ata a súa xubilación.[21] Como directora do Arquivo publicou varios artigos sobre os seus fondos e traballos de catalogación, incorporou os libros das antigas Contadurías de Hipotecas, e deixou o legado de ter emprendido e supervisado o traslado do Arquivo á súa sede actual na Casa dos Fonseca en 1960, o que permitiu a incorporación de protocolos centenarios e documentación da Delegación de Facenda, especialmente a correspondente ao Real de Legos do Catastro de Ensenada.[22]
Obra
editar- El Archivo Histórico Provincial de Pontevedra (1962). Madrid: Tipografía Moderna.
Vida persoal
editarIrmá de Manuel Lesteiro López. Casou con Ramón Iglesia Parga en xuño de 1928.[23] Foi tía terceira do médico e político José María David Suárez Núñez. Amiga persoal de Dámaso Alonso, que foi padriño da súa primeira filla.[24] A súa filla María-Fernanda Iglesia Lesteiro, casou co poeta Gregorio San Juan,[25] foi profesora da Universidade de Madrid e da Universidade de Deusto, e a primeira directora da Biblioteca da Universidade do País Vasco.[26]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Vázquez Ramil 2014, p. 316.
- ↑ "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra. 9 de xuño de 1925. p. 3.
- ↑ Guil Bozal 2015, p. 132.
- ↑ "De viaje". Progreso. 11 de xuño de 1926. p. 2.
- ↑ Ezama Gil 2019, p. 361.
- ↑ Gutiérrez-Vega 2001, p. 43.
- ↑ Ateneo de Madrid. Listado de socios anteriores a 1 de abril de 1939. Referencia: ES 28079 AAM 01.01-03
- ↑ Memoria correspondiente a los cursos 1926-7 y 1927-8. Madrid: Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. 1929. pp. 172, 325.
- ↑ "De sociedad". El Diario de Pontevedra. 28 de junio de 1928. p. 2.
- ↑ Iglesia Lesteiro 1999, p. 1243.
- ↑ De Mora 2013, p. 297.
- ↑ Domínguez Gregorio 2018, p. 155.
- ↑ Bernabéu Albert 2007, p. 132.
- ↑ Redondo Abal 2013, p. 152.
- ↑ Iglesia Lesteiro 1999, p. 1259.
- ↑ "Galicia al día". Vida Gallega. 10 de marzo de 1933. p. 49.
- ↑ "Oposiciones y concursos". El Sol. 16 de xullo de 1935. p. 4.
- ↑ Torres Santo Domingo 2011, p. 173.
- ↑ Ramón G. Balado (25 de xuño de 2017). "Airas Ensemble, quinteto de vientos". El Correo Gallego.
- ↑ "Orden de 3 de noviembre de 1941". Boletín Oficial del Estado: 8723. 1941.
- ↑ "El Archivo Histórico Provincial". La Voz de Galicia. 5 de febrero de 1995. p. 32.
- ↑ "El Archivo Histórico también quiere disponer de un edificio nuevo, por la falta de adecuación de la Casa de la Cultura". La Voz de Galicia. 6 de xaneiro de 1985. p. 31.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 28-6-1928, p. 2.
- ↑ Calvo 2005, p. 249.
- ↑ Bernardo Estornés Lasa, ed. (2011). "San Juan García, Gregorio". Auñamendi Eusko Entziklopedia.
- ↑ "In memoriam: María Fernanda Iglesia Lesteiro".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bernabéu Albert, Salvador; Naranjo Orovio, Consuelo (2007). "Los estudios americanistas y la JAE". Tiempos de Investigación. JAE-CSIC, cien años de ciencia en España.
- Calvo, Blanca; Salaverría, Ramón, eds. (2005). Biblioteca en guerra. Madrid: Biblioteca Nacional.
- Mora, Carmen de (2013). "El impulso renovador del americanismo durante la Segunda República: temas coloniales en la revista Tierra Firme". Revista Chilena de Literatura (85).
- Domínguez Gregorio, Ignacio (2018). Historia de la antropología americanista española (1892-1992) (Tese). Universidad Complutense de Madrid.* Ezama Gil, Ángeles (2019). Las musas suben a la tribuna. Visibilidad y autoridad de las mujeres en el Ateneo de Madrid. Logroño: Genueve Ediciones.
- Guil Bozal, Ana; Flecha García, Consuelo (2015). "Universitarias en España: de los inicios a la actualidad". Revista Historia de la Educación Latinoamericana 17 (24).
- Gutiérrez-Vega, Zenaida (2001). Victoria Kent: una vida al servicio del humanismo liberal. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
- Iglesia Lesteiro, María-Fernanda (1999). "Mi padre, Ramón Iglesia (un historiador de la Generación del 27)". Cinguidos por unha arela común (Universidad de Santiago de Compostela) 1.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2013). "O bibliotecario que falaba cinco idiomas: traxectoria vital e exilio de Ramón Iglesia Parga". Madrygal (16).
- Torres Santo Domingo, Marta (2011). La Biblioteca de la Universidad de Madrid durante la Segunda República y la Guerra Civil (Tese). Universidad Complutense de Madrid.
- Vázquez Ramil, Raquel (2014). "A pegada das galegas na Residencia de Señoritas de Madrid: facendo camiño ao andar". Innovación Educativa (24).
Ligazóns externas
editar- Raquel Lesteiro na páxina web do proxecto Do Gris ao violeta.