Ranunculus bupleuroides

especie de planta

Ranunculus bupleuroides é unha especie de planta perenne da familia das Ranunculaceae.

Descrición editar

É unha planta vivaz, (15)25-50(65) cm, con pecíolos, marxe das follas e base do talo ± flocosos, de cando en cando glabrescentes. Raíces engrosadas, fusiformes, tuberosas, fibrosas apicalmente, de cando en cando cilíndricas e carnosas. Follas basais exteriores ovadas, ovado-lanceoladas ou elípticas, con lámina (10)20-80(120) × (5)9-20(37) mm e pecíolo de máis curto a 3 veces maior que a lámina; as interiores lanceoladas. Follas caulinares 2-5(8), de oblongo-lanceoladas a lineares, sésiles, semiamplexicaules; as inferiores, con lámina (30)40-95(100) × (3)5–10 mm; as superiores, bracteiformes. Flores (1)2-5(10), de (13)18-27(32) mm de diámetro, de cor amarela pálida. Sépalos glabros. Pétalos 5, de (7)10-12(16) mm, obovado subtriangulares, contiguos, con escama nectarífera oblonga. Receptáculo ovoide ou oblongo, glabro. Aquenios 2-2,8(3) mm, obovoides, gibosos, con nerviación moi marcada; pico 0,2-0,3 mm.[1]

Distribución e hábitat editar

Atópase en pasteiros secos e piñeirais aclarados, principalmente en chans silíceos máis ou menos secos da Península Ibérica, no sur de Galicia, e o centro e norte de Portugal.

Taxonomía editar

Ranunculus bupleuroides foi descrita por Félix de Avelar Brotero e publicado en Fl. Lusit. 2: 365 (1804).[2][3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar