Ramziya al-Iryani

escritora iemení


Ramziya Abbas al-Iryani (árabe: رمزية عباس الإرياني) ou al-Eryani, nada en Iryan (gobernación de Ibb) en 1954 e finada en Berlín (Alemaña) o 14 de novembro de 2013, foi unha escritora, diplomática e feminista iemení.

Infotaula de personaRamziya al-Iryani
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata
Ibb, Iemen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIemen Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo os estudos secundarios en Taiz e cursou Filosofía na Universidade do Cairo, licenciándose en 1977.[1] Fixo tamén un mestrado en literatura árabe. En 1980 converteuse na primeira muller en unirse ao corpo diplomático iemení.[1] Foi presidenta da Unión de Mulleres Iemenís e membro da xunta directiva da Organización de Familias Árabes.[2]

Comezou a publicar textos sendo adolescente. A súa novela Ḍaḥīyat al-Jasha ("A vítima da codicia", 1970) foi a primeira novela publicada por unha muller no seu país.[3][4] En 1981 publicou o seu primeiro libro de contos, La'allahu ya'ud ("El quizais volverá"). Desde entón escribiu varios volumes máis de ficción, así como varios libros infantís. Tamén escribiu un libro sobre mulleres pioneiras iemenís, Raidat Yemeniyat (1990). Algúns dos seus relatos foron traducidos ao inglés nunha antoloxía de escritoras árabes.[5]

Os seus escritos abordan cuestións de xénero nunha sociedade en boa medida patriarcal e islámica.[6] Tamén escribiu sobre a importancia da educación para as mulleres na sociedade árabe.[6] Tratou tamén as loitas políticas iemenís da época.[7] Defendeu o feminismo no seu país, e alentou as mulleres a postularse para cargos políticos.[1] En 2012, durante a celebración do Día Internacional da Muller, pronunciou un discurso de apertura como directora da Unión de Mulleres Iemenís.[8]

Morreu durante unha operación cirúrxica. Foi soterrada en Saná, no cemiterio de al-Rahma.[1] Foi sobriña do expresidente Abdul Rahman al-Iryani.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Yemen Loses a Great Female Leader". National Yemen (en inglés). 17 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  2. Al-Mutawakel, A. M. A. (2005). Gender and the Writing of Yemeni Women Writers (PDF). Ámsterdam: Dutch University. ISBN 90-3619-122-X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2019. 
  3. Radwa Ashour, Ferial Jabouri Ghazoul, Hasna Reda-Mekdashi. Arab women writers: a critical reference guide, 1873-1999. 
  4. "Ramziya al-Iryani". Katara Novels. 
  5. Cohen-Mor, Dalya (2005). Arab Women Writers: An Anthology of Short Stories. Albany: SUNY Press. p. 186, 227. ISBN 0791464199. 
  6. 6,0 6,1 al-Wadhaf, Yahya Hassan (2013). "A Critical Reading to a Short Story by Ramizia Al-Eryani". Journal of Social Studies 20 (3). pp. 7–26. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2019. 
  7. "Annotated Bibliography for Yemen (2)". Women Writers from Sudan, Chad, Somalia and Yemen. 27 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  8. Al-Sakkaf, N. (8 de marzo de 2012). "Prime Minister: 'Yemen Would be Better Off With a Woman Leader.'". Yemen Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2015. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  9. Ayhan, Veysel (2011). "Turkish-Yemeni Relations: Yemen’s view on Turkey". International Middle East Peace Research Center. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2019.