Ramon d'Abadal i de Vinyals
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Ramon d’Abadal i de Vinyals, nado en Vic o 1 de outubro de 1888 e finado en Barcelona o 17 de xaneiro de 1970, foi un historiador e político catalán[1].
Ramon d'Abadal i de Vinyals | |
---|---|
![]() | |
Ramón de Abadal y de Vinyals | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de outubro de 1888 |
Vic | |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1970 |
Barcelona | |
Organización | Lliga Regionalista, Acció Catalana. |
Alma máter | Universidade de Barcelona, Universidad Central, École pratique des hautes études e École des Chartes |
Profesión | Historiador político. |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Estudou dereito en Barcelona e Madrid e historia en París, militante da Lliga Regionalista, formación pola que foi deputado por Vic (1917-1921). Participou na fundación de Acció Catalana, escisión da Lliga. En 1933 volta á Lliga e dirixe La Veu de Cataluña.
En 1936 apoiou os sublevados en contra do goberno da República Española. Foi membro do Consello Privado de Xoán de Borbón. En 1943 entrou no Institut d'Estudis Catalans.
Os seus traballos históricos centráronse na historia medieval de Cataluña. Entre as súas obras destacan Catalunya carolíngia (1926-71), Els primers comtes catalans (1958) e El precedents antics a la història de Catalunya (1967).
NotasEditar
- ↑ "Abadal i de Vinyals, Ramon d'". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 18.