Ramiro Prieto Cernadas
avogado e político galego
Ramiro Prieto Cernadas, nado en 1893 e finado en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 |
Morte | 25 de novembro de 1940 (46/47 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarTraballou na liña ferroviaria Santiago-Pontevedra, e foi recadador de cédulas do distrito de Pontevedra. Masón, membro do Centro Republicano de Santiago en 1930, asistiu a sinatura do pacto de Lestrobe. Despois fíxose procurador dos tribunais e traballou co avogado Manuel María González López. Finou en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940 aos 47 anos.[1][2]
Vida persoal
editarCasou con Carmen López Llanera e foi pai de Ramiro e Ruth Prieto López.