Ramón de Santillán

político español

Ramón de Santillán González, nado en Lerma (Burgos), o 30 de agosto de 1791 e finado en Madrid en 1863, foi un político e militar español.

Infotaula de personaRamón de Santillán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1791 Editar o valor em Wikidata
Lerma, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1863 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Senador de España
Senador de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro dunha familia non moi acomodada de Lerma e matriculouse en Dereito na Universidade de Valladolid (1805). A Guerra da Independencia española interrompeu os seus estudos. Integrouse na reacción patriótica, incorporándose co grao de tenente (1809) na partida do cura Merino, na que chegou a alcanzar o de capitán.

Despois da guerra permaneceu no exército até 1824, cando foi depurado polo seu apoio ao goberno liberal durante o Trienio. En 1825 ingresou no Ministerio de Facenda chegando a ocupar cargos de responsabilidade durante a época de Mendizábal.

Pouco antes da caída da rexente María Cristina de Borbón durante a minoría de idade de Isabel II, foi nomeado Ministro de Facenda (abril de 1840 - xullo de 1841) ata que Baldomero Espartero accedeu á Xefatura do Estado. A pesar da súa saída como Ministro, continuou na facenda pública como home destacado, sendo chamado a formar parte da reforma fiscal que iniciou o ministro García Carrasco xunto a Alejandro Mon e Menéndez e outros destacados facendistas.

As súas achegas á reforma tributaria de 1845, aínda que atribuídas en moitas ocasións só a Mon, foron en gran parte froito da colaboración de ambos, cuxa sintonía en política tributaria era moi acentuada. Senador vitalicio na lexislatura 1845-46.[1] Nomeado de novo Ministro de Facenda por un breve período (28 de xaneiro a 28 de marzo de 1847), reformou o funcionamento do sistema bancario público español mediante a unificación do Banco de San Fernando e o Banco de Isabel II nunha soa entidade das que foi o seu primeiro gobernador (1849). Aínda que entón conservou o nome de San Fernando, converteríase no Banco de España. Foi substituído polo marqués de Salamanca.

As súas achegas á facenda pública española mereceron que en xaneiro de 1856 fose nomeado como primeiro gobernador do Banco de España, sendo ministro Francisco Santa Cruz Pacheco. Foi membro da Unión Liberal.

Obras editar

  • Memoria Histórica sobre os Bancos Nacionais de San Carlos, Español de San Fernando, Isabel II, Novo de San Fernando e de España. (1858), reeditado polo Banco de España en 1982.
  • Memorias (1860)

Cargos editar

Cargo Comezo Remate
Ministro de Facenda abril 1840 agosto 1840
Ministro de Facenda xaneiro 1847 marzo 1847
Gobernador do Banco de España xaneiro 1856 novembro 1863

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Rulla Babater, Alberto. Dicionario sucinto de Ministros de Facenda. Madrid: Instituto de Estudos Fiscais, Ministerio de Facenda, 1991. ISBN 84-7196-967-X

Ligazóns externas editar