Ramón Varela Núñez

médico galego

Ramón Varela Núñez, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1923 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2008, foi un médico galego.

Ramón Varela Núñez
Nacemento28 de maio de 1923
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento12 de xuño de 2008
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
PremiosMedalla Castelao e Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en medicina e cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as alteracións producidas nos órganos dos animais de laboratorio sometidos a baixas temperaturas. Comezou a traballar como profesor axudante na Universidade de Santiago en 1947 ata que conseguiu praza de catedrático na Universidade de Sevilla (1963).

Dous anos máis tarde trasladouse de novo a Santiago xa como catedrático de histoloxía e anatomía patolóxica, onde ocupou diversos cargos administrativos tanto na facultade como no equipo reitoral da universidade, e onde foi decano de medicina entre 1970 e 1978. A súa liña principal de investigación foi a patoloxía tumoral.

Era membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ocupaba a cadeira de anatomía patolóxica.

Galardóns editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar