Ramón Pérez Neu
Ramón Pérez Neu, finado en Noia o 27 de xuño de 1911,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria editar
Fillo de José Pérez Lorenzo e María Vicenta Neu Salanova. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1895. Foi elixido concelleiro en 1900, primeiro tenente-alcalde en 1902 e alcalde en 1904.[2] Nomeado xefe honorario da Administración Civil en 1906, renunciou á alcaldía en xaneiro de 1908 ao ser nomeado xuíz municipal suplente.[3] Despois foi xuíz municipal.
Predecesor: Eladio Pérez Labarta |
Alcalde de Noia 1904 - 1908 |
Sucesor: Eladio Pérez Labarta |
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Ferrández Pérez, Daniela (2019). Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905-1936) (PDF) (Tese) (en español). USC.