Ramón Muíños
policía español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ramón Muíños Fernández, nado en Baleira en 1948 e finado en Bilbao o 13 de outubro de 1978, foi un policía galego asasinado por membros de ETA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 Baleira, España |
Morte | 13 de outubro de 1978 (29/30 anos) Bilbao, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | policía |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarRamón Muíños era membro da Policía Armada, un corpo policial de España agora extinto, e fora destinado ao País Vasco.
O 13 de outubro, mentres circulaba nun vehículo con dous policías máis preto do hospital de Santa Marina, en Bilbao, preto do límite con Zamudio. foi disparado por un grupo de persoas. Como consecuencia do atentado morreron Muíños e outro policía, no momento, e o terceiro policía dúas semanas máis tarde.
Foi soterrado en Baleira.