Ramón Artola

escritor español

Ramón Antonio Artola Larrañaga, nado en Tolosa31 de agosto de 1831 e finado en Donostia o 20 de agosto de 1906, foi un poeta vasco.

Infotaula de personaRamón Artola

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1831 Editar o valor em Wikidata
Tolosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 1906 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPepe Artola (en) Traducir, Rosario Artola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 484

Traxectoria editar

Fillo de María Antonia Larrañaga Ganuza e de Antonio Artola Etxeberria, era o fillo máis novo dos cinco que tivo a parella e recibiu, como era costume na época, o nome dun irmán anterior que nacera morto. Casou a finais de 1858 con Manuela Elizetxea Altzelai, natural de Donostia, e o matrimonio instalouse na localidade natal dela. Tiveron dous fillos Rosario e Pepe, tamén poetas. Traballou como fontaneiro e pintor[1]. Socio fundador en 1870 da Unión Artesana presidiuna en 1884[2]. Foi voluntario liberal durante a terceira guerra carlista e defendeu a cidade do asedio carlista a Donostia, coincidindo entre outros con Bilintx ou Serafin Baroja.

Obra editar

 
Debuxo de Victoriano Iraola no número 13 da revista El Thun Thun  (17 de xuño de 1894)

Os seus primeiros poemas publicounos no Cancionero Vasco de José Manterola e logo continuou a publicar ao longo da súa vida na prensa, principalmente en Euskal-Erria. Tamén escribiu moitas letras de cancións para as comparsas donostiarras.

Xa postumamente publicouse o seu primeiro, foi en 1909 Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran e en 1961 Antonio Zavala publicou unha selección da súa obra, Sagardoaren graziya ta beste bertso asko. Nos dous volumes de Ipuiak edo kontutxoak recolléronse os seus contos e fábulas en verso[3].

Libros editar

  • Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran (1909, J. Baroja)
  • Sagardoaren graziya eta beste bertso asko (1961, Auspoa)
  • Ipuiak edo kontutxoak I (1995, Auspoa)
  • Ipuiak edo kontutxoak II (1995, Auspoa)
  • Sagardoaren graziya II (2003, Gipuzkoako Foru Aldundia)

Notas editar

  1. Tellería Tapia, Mikel Gotzon (2011) Enciclopedia General de Tolosa. Zazpiko Kultur Elkartea, p. 115
  2. José María Sada (2002) Historia de la ciudad de San Sebastián a través de sus personajes. Alberdania, 2002, p. 53
  3. "Artola Larrañaga, Ramón". Auñamendi Eusko Entziklopedia