Rally de Terra Xacobeo 93

proba automobilística

O Rally de Terra Xacobeo 93 foi a última proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse nas inmediacións de Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1991 e o vencedor foi Tito Rodríguez, a bordo dun Citroën AX Proto.[1]

Rally Xacobeo 93
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónSantiago de Compostela
OrganizadorEscudería Compostela
ÁmbitoRexional
SuperficieTerra
Gañadores
Piloto campiónGalicia Tito Rodríguez

O piloto do Carballiño Andrés González chegaba a este rally como líder do campionato, seguido a pouca distancia por Manuel Senra, proclamándose campión galego por segunda vez despois do abandono de ambos.[2] Foi a única edición de dito rally xa que a Escudería Compostela, organizadora da proba, suspendeu por falta de financiamento a edición de 1992, así como o Rally Botafumeiro e outras probas previstas para ese ano.[3]

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1   Tito Rodríguez   Ángel García Citroën AX Proto
2   Manuel Gómez Alén
3   João Enes   Manuel Hermo Lancia Delta Integrale
Abandonos
-   Andrés González Renault 5 GT Turbo
-   Manuel Senra   Pepe Maceiras Peugeot 205 GTI

NotasEditar

  1. "Alen impugnará el rally Xacobeo, que decidía el campeonato gallego de carreras de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 1991. p. 42. 
  2. "Andrés González confirmado com o campeón gallego de rallies de tierra 1991". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de decembro de 1991. p. 50. 
  3. "La Escudería Compostela suspende cuatro pruebas previstas para este año". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1992. p. 54. 


Predecesor:
Rally de Terra Vila de Verín
 Campionato de Galicia de Rallys de Terra 
Tempada 1991
Sucesor:
'