Rafaela Aparicio

actriz española

Rafaela Díaz Valiente, nada en Marbella (Málaga) o 9 de abril de 1906 e finada en Madrid o 9 de xuño de 1996, foi unha actriz teatral, televisiva e cinematográfica española, coñecida artisticamente como Rafaela Aparicio.

Rafaela Aparicio
Nacemento9 de abril de 1906
LugarMarbella
Falecemento9 de xuño de 1996
LugarMadrid
Causahemorraxia cerebral
Soterradocemiterio de San Justo de Madrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0031958 Find a Grave: 6945997 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aparicio naceu en 1906, filla de José Díaz Aparicio (natural de La Carolina) e de Balbina Valiente Andrés (natural de Ulea, Murcia). Diplomada en maxisterio, exerceu como mestra só dous anos. Debutou no teatro aos 23 anos en Córdoba coa obra El conflicto de Mercedes, dos irmáns Álvarez Quintero, xunto con Luis Benito Arroyo, amigo do seu pai, empresario taurino e teatral. Viaxou a Madrid buscando oportunidades, iniciando unha carreira teatral que xa non abandonou. Uniuse en 1933 ao actor Erasmo Pascual, co que contraeu matrimonio en 1936 e co que tivo un fillo, Erasmo.

A súa filmografía inclúe máis de cen filmes, a maioría comedias e moitas veces xunto a Florinda Chico. Destacan El último cuplé de Juan de Orduña, La vida por delante, La vida alrededor, El extraño viaje e El mar y el tiempo, de Fernando Fernán Gómez; Ana y los lobos e Mamá cumple cien años, de Carlos Saura; El sur, de Víctor Erice; El año de las luces, de Fernando Trueba e ¡Oh, cielos!, de Ricardo Franco.

En 1996 faleceu nunha residencia de anciáns de La Piovera (Madrid) aos 90 anos de idade a causa dun derramo cerebral.[1] Foi enterrada no Panteón de Escritores e Artistas Españois do Cemiterio de San Xusto de Madrid.

Premios editar

Premios Goya

Ano Categoría Filme Resultado
1987 Goya de Honra Gañadora
1989 Mellor interpretación feminina protagonista El mar y el tiempo Gañadora

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[2]

Ano Categoría Filme Resultado
1980 Mellor actriz Mamá cumple cien años Gañadora
1974 Mellor actriz secundaria Ana y los lobos Gañadora

Fotogramas de Plata

Ano Categoría Filme/Montaxe Resultado
1986 Toda unha vida Gañadora
1989 Mellor actriz de cinema El aire de un crimen
El mar y el tiempo
Candidata
1990 Mellor intérprete de teatro Mala yerba Candidata

Outros

Filmografía editar

Notas editar

  1. El Mundo (10 de xuño de 1996) El cine español pierde a su rostro más popular.
  2. "Premios del Círculo de Escritores Cinematográficos". El País. 2 de febreiro de 1980. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.