Rafael Souto

futbolista uruguaio
(Redirección desde «Rafael Souto Castro»)

Rafael Ángel Souto Castro, nado en Montevideo o 24 de outubro de 1930, é un ex futbolista uruguaio, de orixe galega. Xogaba como dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Souto
Información persoal
Nome Rafael Ángel Souto Castro
Nacemento 24 de outubro de 1930 (93 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Nacional –1951
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1955 Nacional
1955–1957 Atlético de Madrid 5 (1)
1955–1956Elche
1958–1959 Deportivo da Coruña 18 (4)
Selección nacional
1953–1954 Uruguai 6 (0)
Na rede
FIFA: 57629 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Seus pais, dous emigrantes galegos, naturais el de Arteixo e ela de Carballo, instaláranse nos anos 20 en Montevideo, onde naceu Rafael en 1930.[1]

Na segunda metade da década de 1940 incorporouse ás categorías inferiores do Nacional, o equipo máis importante do Uruguai. Debutou co primeiro equipo en 1952, e conquistou ese ano o campionato de primeira división, formando dianteira con Jorge Enrico, Julio Pérez, Javier Ambrois e o tamén descendente de galegos Héctor Rial.[2] Xogou dous anos máis en Nacional, obtendo dous subcampionatos de liga e a Copa Montevideo de 1953.

En febreiro de 1955 viaxou a España para incorporarse ás filas do Atlético de Madrid. A fichaxe foi propiciada pola mediación de Héctor Scarone e o prezo do traspaso foi de 20.000 pesos uruguaios.[3][4] Tras disputar poucos partidos co club madrileño, foi cedido na tempada seguinte ao Elche, co que logrou o ascenso á Segunda División.

Regresou logo ao Uruguai, onde estivo ata agosto de 1958, momento no que chegou a Galicia para fichar polo Deportivo da Coruña por dúas tempadas.[5][6] Fíxoo por recomendación do tamén uruguaio Dagoberto Moll, a quen coñecera na súa etapa no Elche e que regresou ese ano ao Deportivo xunto con Oswaldo. Disputou 18 partidos co club coruñés en Segunda División e marcou 4 goles, perdendo a titularidade fronte a Amancio.[7] Ao remate da tempada o club decidiu reducir o cadro de xogadores desfacéndose dalgúns futbolistas con fichas altas, sendo Souto un deles, polo que acabou aí a súa etapa no Deportivo.[8][9]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección de fútbol do Uruguai en seis ocasións, disputando o Campionato Suramericano de 1953 no Perú e o Mundial de 1954 en Suíza.[10][11]

Notas editar

  1. "Rafael Souto, un arteixán nas semifinais do Mundial de 1954". 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  2. Fascioli, Pablo (2 de febreiro de 2017). "Final del 52 y el tri 1955-1956-1957" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  3. "Scarone trae un delantero centor para el Atlético de Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de febreiro de 1955. p. 9. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  4. "Llegó a Madrid el futbolista internacional uruguayo, Souto". El Correo Gallego (en castelán). 24 de febreiro de 1955. p. 4. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  5. "Breve charla con el uruguayo Souto". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 1958. p. 4. 
  6. "Oswaldo y Souto firmaron por el Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de agosto de 1958. p. 7. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  7. "Jaime Blanco, el jugador más discutido del Deportivo". La Noche (en castelán). 7 de outubro de 1961. p. 4. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  8. "El Deportivo quiere reducir su plantilla de jugadores". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de febreiro de 1959. p. 8. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  9. "Situación deportivista". La Noche (en castelán). 3 de xullo de 1959. p. 6. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  10. "1954 FIFA World Cup Switzerland". fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  11. "Ficha de Rafael Souto de Souto na Asociación Uruguaia de Fútbol". www.auf.org.uy (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar