Abrir o menú principal

José Rafael de Pombo y Rebolledo, nado en Bogotá, República de Nova Granada, o 7 de novembro de 1833 e finado en Bogotá, Colombia o 5 de maio de 1912, foi un escritor, poeta, fabulista, tradutor, intelectual e diplomático colombiano.

Rafael Pombo
Rafael Pombo.JPG
Pombo en 1879.
Nome completoJosé Rafael de Pombo Rebolledo
Nacemento7 de novembro de 1833
 Bogotá, Flag of New Granada.svg República de Nova Granada
Falecemento5 de maio de 1912 (78 anos)[1]
 Bogotá, Flag of Colombia.svg Colombia
SoterradoCentral Cemetery of Bogotá
NacionalidadeColombiano
Alma máterUniversidade do Rosario
OcupaciónEscritor, poeta, fabulista, tradutor, intelectual e diplomático
MovementoRomanticismo
XénerosPoesía, narrativa, teatro
InfluenciasJosé Zorrilla, Víctor Hugo, Lord Byron, Giacomo Leopardi, así como clásicos gregos e latinos[2]
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Fillo de Lino de Pombo O'Donell e Ana María Rebolledo, ámbolos dous pertencentes a familias da aristocracia de Popayán. Cando o xeneral Francisco de Paula Santander designou a Lino de Pombo como secretario de Relacións Interiores e Exteriores, este aceptou e viaxou dende Popayán coa súa familia a Bogotá. Ao chegar a familia a Bogotá, Ana María Rebolledo tiña nove meses de embarazo, dando pois en pouco tempo a luz ao seu primoxénito José Rafael de Pombo.

Dona Ana ensinou a Rafael as primeiras letras. Á idade de once anos ingresou no Seminario. O estudo do latín fixo del un destro tradutor dos clásicos. Marcelino Menéndez Pelayo opinou acerca das súas traducións: "Non as hai máis valentes e atrevidas na nosa lingua". Dos poetas greco-latinos traduciu o episodio de Laoconte de Virgilio e a Horacio. Tamén traduciu ao castelán "O poeta moribundo", de Alphonse de Lamartine, e o soliloquio do Hamlet de Shakespeare.

Despois de residir dezasete anos en Estados Unidos, regresou a Bogotá, onde traballou como tradutor e xornalista, onde fundaría varios xornais, entre os cales son de destacar El Cartucho e El Centro. Tamén traballou como libretista de ópera, así no caso de Ester.

Foi premiado nunha cerimonia de coroación como Poeta Nacional de Colombia, nunha homenaxe que se lle tributou no Teatro Colón de Bogotá o día 20 de agosto de 1905. O 6 de febreiro de 1912 substituíu a Manuel María Mallarino como membro da Academia Colombiana da Lingua, da que foi Secretario perpetuo. Segundo Antonio Gómez Restrepo, crítico literario e testamentario designado por Pombo minutos antes do seu falecemento, o escritor tras a cerimonia recluíuse en cama, decaendo a súa saúde progresivamente até a morte, o 5 de maio de 1912.[3] En 1983 foi inaugurada a Fundación Casa Rafael Pombo en homenaxe póstuma.

A lei 88 do 16 de novembro de 1912, honrou a memoria de Rafael Pombo nomeándoo Gloria das Letras Nacionais.

Pombo publicou as súas poesías, salvo algunhas edicións por petición de amigos. Nos seus últimos recolleu e ordenou a súa produción literaria dispersa en diversos medios impresos da época e en manuscritos que gardaba entre as súas pertenzas. Tras o seu falecemento, a súa habitación foi selada e só case catro anos despois, emitida unha orde por parte dun tribunal a fin de facer os inventarios do que deixase, realizouse a compilación da súa obra poética.

Escolla de obrasEditar

 
Biblioteca infantil da fundación Pombo na súa casa natal.

Da súa obra infantil hai que mencionar El renacuajo paseador, tamén coñecida como Rinrin RenacuajoMirringa mirronga[4], La pobre viejecita[5], Simón el bobito, El Mosquito Feliz e El gato bandido.[6]

NotasEditar

  1. Acuerdo del Concejo Municipal de Bogotá por el cual se destina un lugar en el Cementerio para guardar los restos del poeta Rafael Pombo
  2. Biografiasyvidas.com Biografía de Pombo.
  3. Banco da República (Colombia).
  4. "Versión narrada e ilustrada". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  5. "Versión narrada e ilustrada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  6. "Versión narrada e ilustrada". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016.