Rafael Ochoa Carrasco
Rafael Ochoa Carrasco, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de outubro de 1907 e finado en Francia, foi un mestre, pintor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1907 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | valor descoñecido Francia |
Actividade | |
Ocupación | mestre, pintor, político |
Familia | |
Cónxuxe | Concha Liaño Gil |
Traxectoria
editarFillo de Rafael Ochoa Rodríguez, factor do ferrocarril no Carril. En 1910 instalouse coa familia a Pontecesures ao ser nomeado o seu pai xefe desta estación. Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Ceramista e debuxante, foi discípulo de Carlos Maside. Foi pensionado pola Deputación de Pontevedra en 1930 para estudar a cerámica española e francesa. En Pontecesures estivo á fronte da fábrica de cerámica Celta. Foi redactor da Axencia Tass de Madrid.[1] Militou no Partido Comunista e foi un dos fundadores da Liga Atea constituída en outubro de 1932 e colaborou na súa revista Sin Dios.[2] En 1933 marchou coa súa familia a Ourense, onde o seu pai fora trasladado como xefe de estación. Colaborou con deseños en La Zarpa. Foi multado con 250 pesetas por posesión dun "bastón de barajas" en abril de 1935.[3] Alumno do grao profesional de Maxisterio en Ourense.[4] Colaborou en El Pueblo Gallego asinando en ocasións como R. Alfar.[5]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estivo preso durante dous anos ata que foi canxeado polos sublevados por medio da Cruz Vermella. Foi oficial do exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de refuxiados de Barcarès. Instalouse en Bordeos traballando como moldeador en fundición.[6] Despois marchou a París. Dedicouse ao xornalismo e traballou como redactor nun periódico comunista. Morreu no exilio.
Vida persoal
editarCasou con Concha Liaño Gil.[7]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 17-8-1932, p. 9.
- ↑ Los sin dios, Sixta Carrasco y Victoria Kent
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-4-1935, p. 15.
- ↑ Galicia, 6-10-1935, p. 6.
- ↑ As dúbidas respecto ao idioma galego de Johan Carballeira
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico, p. 178.
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico, p. 110-112.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García Domínguez, Raimundo (2002). O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001). Santiago de Compostela: Universidade. pp. 74–76. ISBN 84-9750-123-3. Consultado o 5 de outubro de 2013.