Rafa Luz

baloncestista brasileiro
(Redirección desde «Rafael Freire Luz»)

Rafael Freire Luz, nado o 11 de febreiro de 1992 en Araçatuba (Estado de São Paulo) é un xogador profesional de baloncesto brasileiro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base para o MoraBanc Andorra da Liga LEB Ouro.

Rafa Luz
MoraBanc Andorra
Información persoal
Nacemento 11 de febreiro de 1992 (32 anos)
Araçatuba, Brasil
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 94 kg (208 lb)
Posición Base
Información da carreira
Carreira 2009–presente
Historial de equipos
Málaga (2009–2012)
CB Axarquía (2009–2011)
Granada (2011)
Lucentum Alicante (2011–2012)
Obradoiro (2012–2015)
Flamengo (2015–2016)
Baskonia (2016–2017)
Andorra (2018–2019)
Murcia (2019–2021)
KK Nevėžis (2021)
Bilbao Basket (2021–2022)
Andorra (2022–presente)

Traxectoria editar

O 26 de xuño de 2015, Luz anunciou a súa marcha do Obradoiro CAB tras tres tempadas en Santiago nas que se converteu no máximo asistente da historia do equipo con 345 asistencias. Na súa derradeira tempada co Obradoiro na Liga Endesa, Luz participou en 33 partidos, nos que fixo 6.6 puntos, 3.6 asistencias e 1.1 roubos de balón en 21.5 minutos de xogo por encontro.[1]

O 15 de xullo de 2016, tras un ano no Flamengo brasileiro, volveu á Liga ACB tras asinar un contrato de dúas tempadas co Laboral Kutxa Baskonia.[2]

O 19 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo BC Andorra da Liga ACB.[3]

Notas editar

  1. "Rafa Luz no continuará en el Rio Natura Monbus Obradoiro". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 07 de xullo de 2015. 
  2. "Rafa Luz, segundo refuerzo baskonista para la temporada 2016-17". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  3. "Luz para el MoraBanc Andorra". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar