Rafael Berges
Rafael Berges Marín, nado en Córdoba o 21 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española, gañando con ela unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1971 (53 anos) Córdoba, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista , adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Logroñés Club de Fútbol (2016–2017) Real Jaén Club de Fútbol (2015–2015) Córdoba Club de Fútbol (2012–2013) Córdoba Club de Fútbol B (2010–2011) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarComezou a súa carreira futbolística no Córdoba CF, xogando na súa cidade natal dous anos, ao cabo dos cales foi traspasado ao CD Tenerife. Onde daría o seu gran salto de calidade, facendo moi boa tempada, o cal o levou a ser convocado coa selección española para os Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Este escaparate serviulle para firmar un bo contrato co Celta de Vigo onde xogou as seguintes oito tempadas, xogando a moi bo nivel a pesar que as continuas lesións nos xeonllos lle impediu chegar a ser o futbolista que puido chegar a ser, pasando as dúas últimas tempadas en Vigo no dique seco, sen poder xogar un só minuto. Ao cabo dos cales volveu a súa cidade natal para retirarse alí no ano 2003.
Como xogador
editarClub | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Córdoba CF | 2ªB | 1989-1990 | 33 | 0 |
Córdoba CF | 2ªB | 1990-1991 | 41 | 2 |
CD Tenerife | 1ª | 1991-1992 | 20 | 1 |
CD Tenerife | 1ª | 1992-1993 | 22 | 0 |
Celta de Vigo | 1ª | 1993-1994 | 29 | 2 |
Celta de Vigo | 1ª | 1994-1995 | 39 | 0 |
Celta de Vigo | 1ª | 1995-1996 | 33 | 0 |
Celta de Vigo | 1ª | 1996-1997 | 26 | 1 |
Celta de Vigo | 1ª | 1997-1998 | 30 | 3 |
Celta de Vigo | 1ª | 1998-1999 | 21 | 1 |
Celta de Vigo | 1ª | 1999-2000 | 0 | 0 |
Celta de Vigo | 1ª | 2000-2001 | 0 | 0 |
Córdoba CF | 2ª | 2001-2002 | 4 | 0 |
Inclúe partidos de 1ª, 2ª, 2ªB, Copa do Rei, Copa da UEFA e Promoción a Segunda. [1]
Como adestrador
editarClub | País | Ano |
---|---|---|
Córdoba "B" | España | 2006-2007 |
Lucena CF | 2006 | |
UD Almería "B" | 2007 | |
Séneca CF | 2008 | |
CD Linares | 2008 | |
CD Pozoblanco | 2010-2011 | |
Córdoba "B" | 2011-2012 | |
Córdoba CF | 2012-2013 | |
Real Jaén CF | 2015 | |
UD Logroñés | 2016-2017 |
Palmarés
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 | Selección española | España | 1992 |
Copa Intertoto da UEFA | Celta de Vigo | España | 2000 |
Subcampión da Copa do Rei en 1994 co Celta de Vigo
Selección nacional
editarNa selección española coincidiu con xogadores como Pep Guardiola, Kiko ou José Emilio Amavisca, gañadores da medalla de ouro nas olimpíadas de Barcelona 92.
Como adestrador
editarTrala súa retirada foi coordinador das categorías inferiores do Córdoba CF e adestrador do seu filial. Despois pasou por equipos como o Lucena, a UD Almería "B", o Linares ou o CD Pozoblanco.
O 14 de xuño de 2012 foi contratado coma adestrador polo Córdoba CF.[2] O 8 de abril de 2013, foi destituído.[3]
Notas
editar- ↑ Ficha de Rafa Berges http://www.bdfutbol.com/es/j/j2261.html
- ↑ Rafa Berges toma el mando (Rafa Berges takes over); Diario de Córdoba, 14 de xuño de 2012
- ↑ Rafa Berges deja de ser entrenador del Córdoba