Raduan Nassar

escritor brasileiro

Raduan Nassar, nado en Pindorama o 27 de novembro de 1935, é un escritor brasileiro galardoado co Premio Camões en 2016.[1]

Infotaula de personaRaduan Nassar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Pindorama, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , labrego , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0621946 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na adolescencia foi para São Paulo coa familia onde cursou dereito e filosofía na Universidade de São Paulo (USP). Estreouse na literatura en 1975, coa novela Lavoura Arcaica. En 1978 foi publicada a novela Un Copo de Cólera, que fóra escrita en 1970. En 1997 foi publicada a obra Menina a caminho, reunindo os seus contos dos anos 1960 e 1970.

Con só tres libros publicados foi considerado pola crítica como un grande escritor e comparado a nomes consagrados da literatura brasileira, como Clarice Lispector e Guimarães Rosa. Todo iso grazas á extraordinaria calidade da súa linguaxe e forza poética da súa prosa. Adorado por un pequeno círculo de lectores, Raduan tornouse máis coñecido polo público en xeral coas versións cinematográficas Um copo de cólera e Lavoura arcaica.

Tras a súa estrea na literatura, deixou de escribir en 1984, e mudouse para o seu sitio na súa cidade natal. Despois viviu na cidade de Buri, no interior de São Paulo. En 2010, anunciou a doazón dunha facenda de 643 hectáreas en Buri para a Universidade Federal de San Carlos (UFSCar). A facenda Lagoa da Campá tornouse sede do cuarto campus da UFSCar, inaugurada en marzo de 2014.

Obras editar

Editadas en libro editar

  • Lavoura Arcaica (1975). Novela.
  • Um copo de cólera (1978). Novela.
  • Um copo de cólera / Lavoura arcaica (1980)
  • Menina a caminho (1994). Contos.
  • Obra Completa (2016).

En periódicos nacionais e estranxeiros editar

  • Aí pelas três da tarde (conto), Jornal de Bairro, São Paulo, 16 de Fevereiro de 1972
  • Aí pelas três da tarde (conto), El Paseante, Madri, Siruela, dez. 1988
  • Aí pelas três da tarde (conto), Folha de S.Paulo, São Paulo, 21 de Janeiro de 1989
  • O ventre seco (conto), Folha de S.Paulo, São Paulo, 16 de decembro de 1984
  • O ventre seco (conto), Madrid, Siruela, decembro de 1988
  • O ventre seco (conto), Jornal do Brasil, Río de Xaneiro, 18 de marzo de 1989

Traducións editar

Para o inglés
  • Ancient Tillage (Lavoura arcaica), tradución de Karen Sotelino, Londres, Penguin Contemporary Classics, 2016
  • A Cup of Rage (Un copo de cólera), tradución de Stefan Tobler, Londres, Penguin Contemporary Classics, 2016
Para o español
  • Labor arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Mario Melino, Madri, Alfaguara, 1982
  • Labor arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Mario Melino, Madri, Punto de Lectura, 2005
  • Niña en camino (Menina a caminho), tradución de Romeo Tello G, Cidade do México, Universidad Nacional Autónoma de México, 2009
  • Un vaso de coléra (Un copo de cólera), tradución de Juan Pablo Villalobos, Cidade do México, Editorial Sexto Piso, 2016
  • Labranza arcaica (Lavoura arcaica), tradución de Juan Pablo Villalobos, Cidade do México, Editorial Sexto Piso, 2018
Para o alemán
  • Nachahmung und Eigenwert (A corrente do esforzo humano), ensaio, tradución de Ray-Güde Mertin. In —, Meyer-Clason, Curt (org.). Lateinamerikaner über Europa, Colonia, Suhrkamp, 1987
  • Ein Glas Wut (Un copo de cólera), tradución de Ray-Güde Mertin, Frankfurt, Suhrkamp, 1991
  • Das Brot des Patriarchen (Lavoura Arcaica), tradución de Berthold Zilly, Frankfurt, Suhrkamp, 2004.
Para o francés
  • Un verre de colère [suivi de] La maison de la mémoire (Un copo de cólera seguido de Lavoura arcaica). Tradución de Alice Raillard, París, Gallimard, 1985
  • Chemins (A menina a caminho), tradución de Henri Raillard, París, Gallimard, 2005
  • Un verre de colère (Un copo de cólera), tradución de Alice Raillard, París, Gallimard, 2017
Para o italiano
  • Un bicchiere di rabbia (Un copo de cólera), tradución de Amina Di Munno, Turim, Einaudi, 2002
  • Un bicchiere di rabbia (Un copo de cólera), tradución de Amina Di Munno, Roma, Sur, 2018
En Portugal
  • Um copo de cólera, Lisboa, Relógio d'Água, 1998
  • Lavoura Arcaica, Lisboa, Relógio d'Água, 1999
  • Menina a caminho, Lisboa, Cotovia, 2000
  • Um copo de cólera, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2016
  • Lavoura Arcaica, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2016
  • Menina a caminho, Lisboa, Penguin Random House Grupo Editorial, 2017
Para o croata
  • Drevni rad (Lavoura arcaica), tradución de Tanja Tarbuk, Zagreb, Fraktura, 1989

Versións cinamatográficas editar

  • Un copo de cólera, guión de Aluizio Abranches e Flávio R. Tambellini, 1995
  • Lavoura arcaica, dirección e guión de Luiz Fernando Carvalho, 2001

Premios editar

Lavoura Arcaica editar

  • 1976 - Premio Coelho Neto, categoría novela, da Academia Brasileira de Letras
  • 1976 - Premio Jabuti, categoría Revelación de Autor, da Cámara Brasileira do Libro
  • 1976 - Premio APCA, Mención Honrosa - categoría Revelación de Autor, da Asociación Paulista de Críticos de Arte

Un Copo de Cólera editar

  • 1978 - Premio APCA, categoría mellor ficción, da Asociación Paulista de Críticos de Arte

Menina a caminho e Outros textos editar

  • 1998 - Premio Jabuti, categoría Contos e Crónicas

Conxunto da obra editar

Notas editar

  1. Ana Cristina Marques (30 de maio de 2016). "Raduan Nassar vence Prémio Camões de 2016". 
  2. Pereira, Ana Cristina Marques, Tiago. "Raduan Nassar vence Prémio Camões de 2016". Observador (en portugués). Consultado o 2020-04-10.