Radmilla Cody

activista navajo

Radmilla A. Cody é unha cantante, modelo e activista antiviolencia doméstica navajo, que foi Miss Navajo dende 1997 até 1998.

Radmilla Cody
Radmilla cody.jpeg
Nacemento1975
Lugar de nacementoEstados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónactivista
Na rede
iTunes: 197309231 Musicbrainz: 6316c09a-04d8-48ef-9c01-9b83c29a44be Songkick: 69114 Discogs: 1205227 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cody naceu no seo do clan Tłʼááshchíʼí da Nación Navajo. O seu pai é afroamericano.[1] Foi criada nunha área rural da Nación Navajo pola súa avoa materna, falante de navajo. Nunha entrevista con Vermont Public Radio, Cody lembrou un momento no que a súa avoa se anoxou con ela cando falou en inglés, que, segundo a súa avoa, non é máis que "walla walla walla."[2] As tarefas diarias incluíron o pastoreo de ovellas e ocasionalmente a teceduría. Cody lembrou esa época como relativamente solitaria o cal lle deu tempo para practicar as súas habilidades de canto sendo a súa "primeira audiencia as ovellas". Debido a que a súa avoa se converteu ó cristianismo, os coros cristiáns da igrexa local foron unha grande influencia para ela.[3]

DiscografíaEditar

  • Within the Four Directions (2000)
  • Seed of Life (2002)[1] 2002 Native American Music Awards Best Female Artist[4]
  • Spirit of a Woman (2005)[1]
  • Precious Friends (2007)[1]
  • Shi Keyah: Songs for the People (2011)[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Biography ramillacody.com. Consultado o 26 de febreiro de 2015.
  2. Vermont Public Radio interview (transcript) vpr.net. Accessed 2010-07-21.
  3. Radmilla Cody: Two Cultures, One Voice. npr.org. Consultado o 15 de xullo de 2010.
  4. Cody's Blues Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. imdiversity.com. Consultado o 15 de xullo de 2010

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar