Partícula alfa

composto químico
(Redirección desde «Radiación alfa»)

As partículas (α)[1] son núcleos completamente ionizados, é dicir, sen a súa envoltura de electróns correspondente, de helio-4 (4He). Estes núcleos están formados por dous protóns e dous neutróns. Ao carecer de electróns, a súa carga eléctrica é positiva (+2qe), mentres que a súa masa é de 4 uma.

Partícula alfa.

Xenéranse habitualmente en reaccións nucleares ou desintegración radioactiva doutros nucleidos que se transmutan en elementos máis lixeiros mediante a emisión de ditas partículas. A súa capacidade de penetración é pequena; na atmosfera perden rapidamente a súa enerxía cinética, porque interaccionan fortemente con outras moléculas debido á súa gran masa e carga eléctrica, xerando unha cantidade considerable de ións por centímetro de lonxitude percorrida. En xeral non poden atravesar espesores de varias follas de papel.

Teñen unha carga de coulombs e unha masa de kg.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para partícula alfa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar