Radia Perlman

enxeñeira de telecomunicacións


Radia Joy Perlman, nada en Portsmouth o 1 de xaneiro de 1951 é unha enxeñeira de telecomunicacións estadounidense. Inventora do protocolo Spanning Tree (STP), chave para a interconexión de redes de computadoras, recibe o apelativo (contra a súa vontade[1] ) de "nai de Internet" por este motivo.

Infotaula de personaRadia Perlman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Portsmouth, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Director de teseDavid Clark (pt) Traducir e David Clark (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación, enxeñaría de software e segurança de rede (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , enxeñeira de telecomunicacións , matemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Sun Microsystems
BBN Technologies (pt) Traducir
EMC Corporation Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Radia Perlman desenvolveu o protocolo STP mentres traballaba para a Dixital Equipment Corporation. É autora tamén de contribucións noutras áreas do deseño e a estandarización de redes, como os protocolos de enrutamento link-state.

Máis recentemente, inventou o protocolo TRILL para corrixir algunhas das deficiencias dos spanning trees. En 2020, está a traballar para Dell EMC.

Traxectoria editar

Perlman aprendeu programación como parte do temario dunha clase de física no MIT. Conseguiu o seu primeiro emprego en 1971 como programadora a tempo parcial no Laboratorio de Intelixencia Artificial da mesma institución (naquel momento alcumado "LOGO Lab"), programando depuradores.

Baixo a supervisión de Seymour Papert, deseñou e implementou unha versión infantil da linguaxe de robótica educativa LOGO, chamada TORTIS. Esta linguaxe, desenvolvida entre 1974 e 1976, estaba pensada para nenos pequenos (os máis novos de 3 anos e medio de idade), que a empregaron para programar un robot educativo chamado Tartaruga. Por este motivo, Perlman é considerada unha pioneira no ensino de programación para nenos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar