Racing Club Vilalbés

club de fútbol galego
(Redirección desde «Racing Club Villalbés»)

O Racing Club Vilalbés é un club de fútbol galego da cidade de Vilalba, na provincia de Lugo. Foi fundado en 1931 e na actualidade milita na Segunda División RFEF.

Racing Vilalbés
NomeRacing Club Vilalbés
Fundación1931
EstadioA Magdalena,
Vilalba, Galicia
Capacidade2.500
PresidenteGalicia Juan José Vázquez Carreira
AdestradorGalicia Simón Lamas
Liga2ª RFEF – Grupo 1
2022–234.º de 16
Na rede
https://www.rcvillalbes.es/
Titular
Alternativo
Racing Club Vilalbés en 1972.

Historia

editar

O Racing Club Vilalbés foi fundado en Vilalba en 1931, grazas a un grupo de amigos dos que xurdira a idea xa en 1929. Na vila existía outro club de fútbol, o Sporting Vilalbés, fundado en 1925.[1] En xaneiro de 1931 constituíuse o Racing Club Vilalbés, tendo como primeiro presidente a César Fernández Paz,[2] sendo sucedido o 29 de novembro dese mesmo ano por Francisco Roca.[3]

En 1940, trala chegada do franquismo e a prohibición das denominacións estranxeiras nos clubs, o Racing Vilalbés cambiou o seu nome oficial polo de Club Villalbés, denominación que tivo ata 1965. O 31 de agosto de 1948 inaugurouse o Campo do Castelo, cun partido entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol. En 1958 o campo pasou a chamarse Estadio Roca, en homenaxe ao presidente do club, Francisco Roca.

Na tempada 1991/92 produciuse o primeiro ascenso do Racing a Terceira División, categoría que perdeu tres tempadas máis tarde. Na tempada 1998/99 volveu ascender e xogou en Terceira durante catro anos. O equipo volveu á categoría na tempada 2008/09, acadando o cuarto posto na tempada 2010/11, quedando clasificado para a fase de ascenso a Segunda División B. No playoff quedou eliminado na primeira fase polo Alhaurín de la Torre CF.

Na tempada 2022/23, despois de 14 tempadas consecutivas na categoría, o club conseguiu un histórico ascenso á Segunda División RFEF.[4] Con Simón Lamas no banco, o equipo acabou cuarto no Grupo I da Terceira División RFEF, accedendo así á fase galega da promoción de ascenso. Eliminou primeiro ao Rápido de Bouzas e a continuación ao Arousa, clasificándose para a fase nacional.[5] Nesta, o seu rival foi o La Calzada rioxano, co que empatou a un gol no encontro de ida na Magdalena. No partido de volta en Santo Domingo de la Calzada, o Racing Vilalbés conseguiu unha ampla vitoria, gañando por 3-0 con goles de Marcos, Álex Pérez e Santi, e certificou así o ascenso á cuarta categoría do fútbol español.[6]

Estadio

editar

O Racing Club Villalbés xoga no Estadio Municipal da Magdalena, en Vilalba. Ten unha capacidade de 2.500 espectadores.

Datos do club

editar

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto
de 31-32 Rexional
a 91-92 Rexional
1992/93
1993/94 11º
1994/95 18º  
de 95-96 Rexional
a 98-99 Rexional
1999/00
2000/01 13º
2001/02 13º
2002/03 18º  
de 03-04 Rexional
Tempada Categoría Posto
a 04-05 Rexional
2005/06 Rex. Pref.
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente  
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13 10º
2013/14 13º
2014/15
2015/16
Tempada Categoría Posto
2016/17
2017/18
2018/19 11º
2019/20 14º
2020/21 /
2021/22 3ª RFEF
2022/23 3ª RFEF  
2023/24 2ª RFEF

Xogadores

editar
Datos da tempada 22-23
Posto País Xogador
POR   Álex Santomé
DEF   Diego López
DEF   David Buyo
DEF   David Vérez
DEF   Joel López
MED   Pablo Rey
MED   Javi Varela
MED   Varela
Posto País Xogador
MED   Make
MED   Javi Rey
MED   Rares Mezdrea
MED   Álex Pérez
DIA   Marcos Álvarez
DIA   Santi Gegunde
DIA   Fernando Cuadrado

Palmarés

editar
  1. "Nueva sociedad deportiva". El Ideal Gallego (en castelán) (2352). 23 de xullo de 1925. p. 4. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  2. "Racing Club". El Pueblo Gallego (en castelán) (2126). 27 de xaneiro de 1931. p. 11. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  3. "Nueva directiva". La Voz de la Verdad (en castelán) (7355). 6 de decembro de 1931. p. 5. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  4. "Simón Lamas "Se hai un mes nos din que ascenderiamos, non o creriamos"". Radio Galega. 3 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  5. "Adiós a la fase de ascenso para el Arosa en el asalto definitivo ante el Villalbés (1-2)". Pontevedra Viva (en castelán). 20 de maio de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  6. "O Racing Club Villalbés fai historia e ascende a Segunda Federación". Real Federación Galega de Fútbol. 3 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar