Raúl Baltar
Raúl Baltar Estévez, nado en Vigo o 7 de abril de 1963, é un banqueiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1963 (61 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro |
Empregador | Grupo Banesco |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais dende 1987 pola Universidade Autónoma de Madrid.
Iniciou a súa carreira profesional como asesor na recoñecida empresa consultora Arthur Andersen S.A., especializándose en auditorías para o sector financeiro. Tamén ocupou importantes posicións no Banco Zaragozano, onde estabeleceu traballou como Xerente de Auditoría Interna entre 1991 e 1994, Director Xerente Xeral de B.Z Xestión, tamén do Grupo Banco Zaragozano, entre 1994 e 1997 e Xerente de Banca Privada entre 1997 e 1998, até alcanzar a Xerencia Territorial de Andalucía, Estremadura e Canarias (1998-2000).
Desempeña, dende o 2008, o cargo de Director da Asociación Bancaria de Venezuela.