Receptor X retinoide

(Redirección desde «RXR»)
Identificadores
Símbolo RXRA
Entrez 6256
HUGO 10477
OMIM

180245

RefSeq NM_002957
UniProt P19793
Outros datos
Identificadores
Símbolo RXRB
Entrez 6257
HUGO 10478
OMIM

180246

RefSeq NM_021976
UniProt P28702
Outros datos
Identificadores
Símbolo RXRG
Entrez 6258
HUGO 10479
OMIM

180247

RefSeq NM_006917
UniProt P48443
Outros datos

O receptor X retinoide ou receptor X de retinoides (RXR)[1] é un tipo de receptor nuclear que se cre é activado polo ácido retinoico,[2] aínda que o seu ligando endóxeno exacto non foi aínda concluintemente identificado.[3] Hai tres receptores X de retinoides, que son: RXR-alfa, RXR-beta, e RXR-gamma, codificados respectivamente nos xenes RXRA, RXRB, RXRG.

O RXR heterodimerízase cos receptores nucleares da subfamilia 1 entre os que se inclúen o CAR, FXR, LXR, PPAR,[4] PXR, RAR, TR, e VDR.

Igual que outros receptores nucleares de tipo II, o heterodímero RXR en ausencia de ligando únese a elementos de resposta a hormonas en complexo coa proteína correpresora. A unión dos ligandos agonistas ao RXR dá lugar á disociación do correpresor e o recrutamento da proteína coactivadora, a cal, á súa vez, promove a transcrición de xenes diana de augas abaixo formando ARNm e finalmente proteínas.

Notas editar

  1. Germain P, Chambon P, Eichele G, Evans RM, Lazar MA, Leid M, De Lera AR, Lotan R, Mangelsdorf DJ, Gronemeyer H (2006). "International Union of Pharmacology. LXIII. Retinoid X receptors". Pharmacol Rev 58 (4): 760–72. PMID 17132853. doi:10.1124/pr.58.4.7. 
  2. Allenby G, Bocquel MT, Saunders M, Kazmer S, Speck J, Rosenberger M, Lovey A, Kastner P, Grippo JF, Chambon P, Levin AA (1993). "Retinoic acid receptors and retinoid X receptors: interactions with endogenous retinoic acids". Proc Natl Acad Sci USA 90 (1): 30–4. PMC 45593. PMID 8380496. doi:10.1073/pnas.90.1.30. 
  3. Rühl R, Krzyżosiak A, Niewiadomska-Cimicka A, Rochel N, Szeles L, Vaz B, Wietrzych-Schindler M, Álvarez S, Szklenar M, Nagy L, de Lera AR, Krężel W. (2015). "9-cis-13,14-Dihydroretinoic Acid Is an Endogenous Retinoid Acting as RXR Ligand in Mice". Plos Genetics 11 (6): e1005213. PMC 4451509. PMID 26030625. doi:10.1371/journal.pgen.1005213. 
  4. Plutzky J (April 2011). "The PPAR-RXR transcriptional complex in the vasculature: energy in the balance". Circ. Res. 108 (8): 1002–16. PMID 21493923. doi:10.1161/CIRCRESAHA.110.226860. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar