Rōdosu-tō senki

franquía de fantasía xaponesa

Rōdosu-tō senki (xaponés: ロードス島戦記; inglés: Record of Lodoss War; lit. "Crónica da guerra de Lodoss") é unha franquía de novelas de fantasía creada por Ryō Mizuno. Baséase nun mundo chamado Forcelia, creado para xogos de rol.[1] Existen múltiples adaptacións de manga, anime e videoxogos. As súas tramas adoitan seguir as convencións e a estrutura dos sistemas de RPG, coma os de Dungeons & Dragons ("Alxubes e dragóns"), nos que un grupo de personaxes de distinto tipo realizan unha determinada misión.

Rōdosu-tō senki
ロードス島戦記
CreadorRyō Mizuno

Trama editar

 
Cosplayer caracterizada como a elfa Deed (Animethon 2007)

Rōdosu-tō senki narra as aventuras dun mozo, Parn, fillo dun cabaleiro caído en desgraza. Parn abandona a súa vila natal para descubrir que ocorreu realmente con seu pai, e así restaurar a honra da súa familia. Malia a súa inexperiencia, ten aptitudes de líder, e pronto logra reunir un grupo que o acompañe: Etoh, o seu mellor amigo da infancia, o mago Slayn e o antigo compañeiro deste, un anano chamado Ghim, que se converterá no seu mentor. Tamén os acompañan a elfa Deed, quen abandonou a Fraga de Non Volverás para coñecer as razóns do illamento da súa raza, e o ladrón Wood. Ao longo da historia, Parn atopará tanto amigos coma inimigos, e participará no conflito bélico entre os reis Fahn e Beld.[2]

Recepción editar

As novelas foron un éxito de vendas no Xapón, onde levan vendidos máis de 10 millóns de exemplares, a data de 2017.[3]

Notas editar

  1. Mizuno, Ryō (1988). Rōdosu-tō senki: haiiro no majo ロードス島戦記: 灰色の魔女 (en xaponés). Kadokawa Sneaker Bunko. ISBN 978-4044604011. 
  2. Balkovec, Joel (2023-11-25). "Classic Fantasy Series is The Unofficial Dungeons & Dragons Anime Fans Need". ScreenRant (en inglés). Consultado o 2024-03-17. 
  3. ""Record of Lodoss War" to Get Stage Play Adaptation in January 2017". www.crunchyroll.com (en inglés). Consultado o 2024-03-17.