Abrir o menú principal

ContextoEditar

En marzo de 1901, Mahler atópase no pobo balneario de Opatija na costa dálmata. Aquí le os poemas de Rückert e escolle aqueles que musicaría nos vindeiros anos. Estas cancións de Rückert marcan o paso da primeira fase da obra Mahleriana, marcada pola poesía popular recollida nos textos de Des Knaben Wunderhorn, á segunda fase; caracterizada esta por sinfonías puramente instrumentais.

Temática e EstiloEditar

En sentido estrito estas cancións non forman un ciclo coma tal, xa que a única relación entre elas é o autor dos versos e un certo carácter temático común. As cancións son variacións dunha soa idea: a contemplación estática da beleza en diferentes aspectos. Apoiándose nesta idea, expóñense diversos temas. Tales coma a soidade do artista, os afectos familiares, o sentido da vida e a existencia do sufrimento.

EstruturaEditar

En total son cinco as cancións que conforman o ciclo.

Blicke mir nicht in die LiederEditar

Co título Non me atendas nas miñas cancións (en galego), exponse a tensión existente durante a creación artística e descríbese os afectos dunha parella,

Ich atmet' einen linden duftEditar

Co título Eu aspiraba un doce perfume (en galego), evócase unha vida harmoniosa, onde o amor e a creación acadan a súa plenitude.

Ich bin der welt abhanden gekommenEditar

Co título Non son deste mundo (en galego), móstrase o desengano do artista fronte a un mundo e sociedade xordos e agresores da sensibilidade do artista.

Um mitternachtEditar

Co título A medianoite (en galego), descríbese a soidade espiritual, identificada metaforicamente coa noite. Mostrando que a fe é a única posibilidade de salvación. Existe unha certa similitude coa poesía de San Juan de la Cruz.

Liebst du um schönheitEditar

Co título Se estimas a beleza (en galego), móstrase unha concepción do amor completamente idealista.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • La música de Gustav Mahler: Una guia d'audició. Joan Grimalt. Editorial Duxelm (en catalán)