O Zadorra é un río de España, afluente do río Ebro, que discorre case por completo por Áraba, desembocando entre as localidades de Miranda de Ebro (por cuxa beira realiza os escasos douscentos metros que fai de fronteira entre o País Vasco e Castela e León), e o municipio arabés de Zambrana.

Río Zadorra
O Zadorra en Armiñon (Áraba)
PaísEspaña
NacementoManancial de Los Corrales, Donemiliaga (Áraba)
Lonxitude78,1 km
Conca1.398 km²
Caudal medio13,7 m³/s
DesembocaduraRío Ebro

Nace do porto de Opakua no manancial de Los Corrales, no termo municipal de Donemiliaga, ao leste de Agurain, e diríxese ao noroeste para ser represado no encoro de Ullibarri-Gamboa tras recoller as augas do val de Barrundia.

O conxunto dos encoros de Ullibarri-Ganboa e Urrunaga supón unha capacidade de almacenamento de 220 hm³ de auga, utilizados fundamentalmente para a subministración de auga a Vitoria e a maior parte dos municipios do Gran Bilbao.

Os seus principais afluentes son os ríos Urquiola, Albina, Alegría, Zayas e Ayuda.