O río Swilly (en irlandés An tSúileach) é un río de Irlanda. Nace preto do Glendore, un monte do condado de Donegal, e ten unha lonxitude total de 41,8 quilómetros. A principal poboación pola que pasa é a de Letterkenny e desemboca no océano Atlántico.

Río Swilly
O Swilly ó seu paso pola vila de Letterkenny, no condado de Donegal.
PaísIrlanda Irlanda
Lonxitude41,8km
DesembocaduraOcéano Atlántico

De entre os ríos do norte de Irlanda, o Swilly está considerado como un dos máis aptos para a pesca de salmón, cunhas capturas anuais que oscilan entre os trescentos e os catrocentos exemplares.