Río Oja
O Oja é un curto río do norte de España, un afluente do río Tirón que dá nome á comunidade da Rioxa e á veciña comarca da Rioxa Arabesa, segundo unha das teorías sobre a orixe deste nome. Nace na serra da Demanda, no monte das Herguijuelas, xunto ao porto da Demanda, a uns 2.000 msnm. Pasa por Posadas, Ayabarrena, San Antón, Zaldierna, Ezcaray, Ojacastro, Santurde, Santo Domingo de la Calzada, Villalobar, Baños de Rioja, Castañares, Casalarreina, e desemboca no río Tirón antes de chegar a Anguciana, preto da localidade de Cihuri.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | A Rioxa, España ![]() | |||
Localización | Serra de la Demanda ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | provincia de Burgos, España ![]() | |||
Localización | Río Tirón ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 65 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.270 km² ![]() | |||
Tamén se lle denomina La Hilera ou río Glera, termo este último que significa acumulación de cascajo. Esta característica da canle fai que este practicamente desapareza en Ojacastro e volva aparecer en Castañares.