Río Najerilla
O Najerilla é un río da comunidade autónoma da Rioxa, España, tributario do Ebro, pola súa marxe dereita, despois dun curso de 100 km.
Río Najerilla | |
---|---|
O río Najerilla en Nájera | |
País | España |
Nacemento | Serra de Neila |
Lonxitude | 100 km |
Conca | 1.090 km² |
Caudal medio | 16,45 m³/s |
Desembocadura | Río Ebro |
Percorrido
editarO Najerilla nace na Serra de Neila (Burgos) a uns 1.640 m de altitude, atravesa as comarcas de Anguiano e Nájera, cunha dirección principal sur-norte. Deasauga no Río Ebro, nas proximidades de Torremontalbo. É o río máis longo e caudaloso da Rioxa, con 16,45 m³/s. A súa bacía abrangue un total de 1.090 km².
Afluentes
editarEntre os tributarios do Najerilla, curtos e de escaso caudal, cóntanse os ríos Urbión, Brieva, Cárdenas, Tobía e Yalde.
Localidades que atravesa
editarAs localidades importantes que baña este río son: Neila, Mansilla de la Sierra, Anguiano, Bobadilla, Baños de Río Tobía, Nájera e Torremontalbo.
Explotación
editarNo Najerilla hai unha presa, o encoro de Mansilla, cunha capacidade de 67,73 hm³ de auga.