Río Millars
O río Millars (en castelán: Mijares) é un río da Península Ibérica que nace na Serra de Gúdar no termo municipal de El Castellar (Teruel), da unión de diversos ríos a uns 1.600 m de altitude e que desemboca entre os termos de Almassora e Borriana, na provincia de Castelló, tras 156 km de percorrido.
Tipo | río curso de auga río principal ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Aragón, España e Comunidade Valenciana, España ![]() | |||
Localización | El Castellar ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Mar Mediterráneo ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Xúcar ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 156 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 4.028 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Caudal | 14,72 m³/s ![]() | |||

Nacemento
editarO Millars nace en El Castellar, Teruel.
Afluentes
editarPreto do seu nacemento está tamén o do seu principal afluente o Valbona e o do tamén afluente Albentosa. Xa na Comunidade Valenciana os principais afluentes do Millars son: Maimona, Montán, o barranco de Paus, a rambla de la Viuda e o río Villahermosa en Vallat.
Réxime fluvial
editarO réxime do río é pluvial mediterráneo aínda que cun lixeiro matiz nival debido á altura á que nace. Iso provoca no curso baixo do río a existencia dun período de relativo caudal en febreiro e xuño, superados en outubro e notorios descensos en xaneiro e sobre todo agosto. O carácter mediterráneo do río provoca a existencia de monstruosas avenidas das cales as máis importantes foron a de 1922 cun máximo de 3000 m³/s e a de 1957 da que non se teñen estimacións debido a que destruíu os aforamentos.
Desembocadura
editarNa súa desembocadura forma unha marisma, Les Goles del Millars, alargada duns 90 metros de anchura, que se fai máis angosta na liña da costa polo avance dun cordón litoral desde o norte que a pecha parcialmente (40 metros).
Conca
editarA superficie da conca é de 4.028 km² e o caudal medio é de 14,72 m³/s, na localidade de Cirat.