Río Cabul

(Redirixido desde "Río Kabul")

O Cabul, Kabul ou Kabal, é un río que nace nas montañas Sanglakh, en Afganistán.

Río Cabul (ou Kabul)
Kabul River in Kabul 2005-12-05 MG 2110.jpg
PaísAfganistán e Paquistán
NacementoMontañas do Afganistán
Altitude2400 m
Lonxitude700 km
Conca66000 km²
Caudal medio650 m³/s
DesembocaduraRío Indo
Indus river.svg
O río Cabul, entre outros, no río Indo

É o principal río do leste de Afganistán, fluíndo por máis de 700 km antes de desaugar no río Indo preto de Attock, en Paquistán. Pasa polas cidades de Cabul, Chaharbagh, Jalalabad, e, entra no Paquistán aproximadamente 30 km ao norte do Paso de Khyber, Nowshera.

Os afluentes principais do Cabul son o río Logar, río Panjshir, río Kunar e río Alingar.