O río Jerte (Riu Herti en extremeño) é un afluente, pola beira esquerda, do Alagón (que o é do Texo á súa vez), no cal desemboca logo dun percorrido de arredor de 70 km.

Río Jerte
O río Jerte na altura da localidade homónima
PaísEspaña España
NacementoTornavacas
Altitude900 m
Lonxitude70 km
DesembocaduraRío Alagón

Curso editar

Nace nas aforas de Tornavacas, a uns 900 metros de altitude (cerca do pico Torreón), na serra de Gredos, na provincia de Cáceres. Ao paso pola cidade de Plasencia faino xa a 345 metros s.n.m., o que dá idea do desnivel salvado en apenas 50 km. Poucos quilómetros despois o Jerte abandona os contrafortes da serra de Gredos e ábrese á chaira cacereña, para verquer as súas augas na marxe equerda do río Alagón, cerca de Galisteo. O seu curso forma o coñecido Val do Jerte.

Afluentes editar

A maior parte dos tributarios do Jerte son pequenos regatos ou cavorcos montañosos, pero que poden fornecerlle caudais importantes en épocas de choivas ou de dexelo. Cómpre citar entre eles: San Martín, Becedas, Papúos, Los Infiernos, Butris, Honduras, Puria, Bonal... En días de precipitacións intensas son normais as cheas.

Contorna ambiental editar

A conformación montañosa do curso alto e medio orixina us escalonamento climático do val do río, de xeito que en altura pode darse un clima de montaña, con precipitacións superiores a 1.500 mm anuais, o que fai do Jerte o río extremeño con maior caudal específico. Nas beiras do río desenvólvese unha vexetación de tipo bosque galería, que está formada por especies máis ben propias de clima oceánico, aínda que a latitude propicia a mestura con especies mediterráneas. Na flora típica das marxes son maiaritarios os amieirais (Alnus glutinosa) que conviven con salgueiros (Salix), freixos (Fraxisnus sp), lodoeiros (Celtis australis), cancereixos (Sorbus aucuparia), con sotobosque de silvas (Rubrus sp) e fentos (Pteridium aquilinum).

Localidades que atravesa editar

A máis importante é a cidade de Plasencia. Ademais cruza as poboacións de Tornavacas, Jerte, Cabezuela del Valle, Navaconcejo, Carcaboso e Galisteo.

Explotación editar

No seu curso levántase o encoro do Jerte, con 58,4 hm³ de capacidade, con finalidade de abastecemento de auga de consumo e regadío.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar