O Gobela é un río de Biscaia, España. Nace en Barrika e desemboca na ría do Nervión-Ibaizabal (a ría de Bilbao), entre Leioa e Erandio logo de 9 Km.

Río Gobela
Lamiako Gobelas metro.jpg
O río Gobela o seu paso por Lamiako
PaísEspaña España
Nacementomonte Gañes (Barrika)
Lonxitude9 km
DesembocaduraRía de Bilbao (Mar Cantábrico)

É un río moi contaminado, debido á abundancia de industria na súa contorna, e a que atravesa zonas moi poboadas.

Curso actual e afluentesEditar

Nace no monte Gañes, en Barrika. Na súa cabeceira recibe o nome de arroio Genabarri, ata que na veiga de Urko, en Sopelana, recibe as augas dos arroios Lemosas e Saitu.

En Getxo recibe os regatos Martiartu e Bolue. Na desembocadura deste último atópase a zona húmida de Bolue, un dos espazos naturais de máis interese faunístico da localidade.

O seu último tramo adquire forma de ría. Desde o século XIX, recibe ao arroio Udondo, para desembocar pouco despois na ría do Ibaizabal-Nervión.

Recibe ademais augas pluviais recollidas polos sistemas artificiais de colectores das rúas de Sopelana, Getxo Leioa. A súa canle atópase soterrado en parte do seu percorrido.

HistoriaEditar

Durante séculos desembocaba máis cerca do Abra, fronte a Portugalete, contribuíndo a formar unha barra de area na boca da ría, que cambiaba de altura e posición dependendo das mareas. Esta barra diminuía o calado de partes da ría, e dificultaba sensiblemente o paso de grandes barcos. Por iso, xa no século XVII dábanse instrucións aos barcos para soltar lastre na parte dereita da ría, co fin de afianzar o leito.

A mediados do século XIX, Máximo de Aguirre, propietario dos areais de Lamiako, promoveu as obras que cambiaron o curso do río, desviándoo por un tramo chairo e paralelo ao do Nervión, ata atoparse co arroio Udondo, e canalizando a súa actual desembocadura, no límite entre Leioa e Erandio.

FontesEditar

Ligazóns externasEditar