O Gaià é un pequeno río con escaso caudal de auga que transcorre pola provincia de Tarragona. Nace preto de Santa Coloma de Queralt, na comarca da Conca de Barberà e recolle as augas das serras de Brufaganya e de Queralt.

Río Gaià
O río Gaià en Pontils
PaísEspaña
NacementoSanta Coloma de Queralt
Lonxitude59 km
Conca423,8 km²
Caudal medio0,57 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo

Atravesa os municipios de Les Piles e Pontils na mesma comarca, Querol, El Pont d'Armentera, Aiguamúrcia (onde trascurre cerca do Mosteiro de Santes Creus), Vila-rodona, Montferri e bordeando o termo municipal de Vilabella na comarca do Alt Camp. Finalmente, na comarca do Tarragonès, atópase co Pantano do Gaià, delimitando os municipios de Renau e Vespella de Gaià, e cruzando, tras o pantano, el Catllar e la Riera de Gaià para desembocar no mar Mediterráneo preto de Altafulla, pero no municipio de Tarragona, preto da urbanización de Tamarit.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar