Río Esgueva

O Esgueva é un río que nace ao pé da Peña Cervera, no Sistema Ibérico, preto do Mosteiro de Santo Domingo de Silos, na provincia de Burgos.

Río Esgueva
Embalse Encinas de Esgueva.jpg
PaísEspaña España
NacementoPeña Cervera (Serra da Demanda)
Lonxitude116 km
Conca1.016 km²
Caudal medio0,40 m³/s
DesembocaduraRío Pisuerga
O Esgueva en Valladolid

É afluente do río Pisuerga, no que desemboca na cidade de Valladolid. Os seus últimos metros foron desviados ao seu paso por Valladolid para sacalo do centro da cidade e unilo nun só, xa que discorría polo casco histórico en varios ramais.

O seu principal afluente é o río Henar.