Río Cubia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O Cubia é un río do centro de Asturias, afluente do río Nalón pola esquerda. Ten unha lonxitude de 41 km.
Cubia | |
---|---|
O Cubia ao seu paso por Grau. | |
País | Asturias |
Nacemento | Pico La Berza, Grau |
Lonxitude | 41 km |
Conca | 210 km² |
Caudal medio | 5,13 m³/s |
Desembocadura | Río Nalón |
Nace no Pico La Berza, a uns 1.300 metros sobre o nivel do mar, na serra de Porcabezas. O nacemento atópase na parroquia de Tolinas, no concello de Grau. Pasa polas localidades de Tolinas, Las Villas, Villamarín, Santianes de Molenes, Cubia, Perea. La Mata, Grao e Castañéu. Desemboca no río Nalón na parroquia de Castañéu, no concello de Grau.
Os seus principais afluentes son os ríos Vega e Menéndez.