Río Cardener

O Cardener é un río de Cataluña, principal afluente do río Llobregat. Nace a unha altitude de aproximadamente 1.100 m, nas Fontes do Cardener, situadas nun val entre as serras de Port del Comte (2.332 m) e a do Verd (2.271 m), no termo municipal de la Coma i la Pedra (Lleida), e desemboca no río Llobregat no termo de Castellgalí, tras 87 km de percorrido.

Río Cardener
Fuentes del Cardener2.jpg
Fontes do Cardener
PaísEspaña
NacementoFonts del Cardener (Lleida)
Altitude1.100 msnm
Lonxitude87 km
Caudal medio6,16 m³/s en Manresa
DesembocaduraRío Llobregat

Na súa canle atópanse os encoros da Llosa del Cavall e Sant Ponç, situados respectivamente nos termos de Sant Llorenç de Morunys e Clariana de Cardener. Este último foi proxectado no ano 1921. En ambos poden practicarse deportes acuáticos.

O río pasa polos municipios de: Sant Llorenç de Morunys, Solsona, Olius, Clariana de Cardener, Cardona, Súria, Callús, Sant Joan de Vilatorrada, Manresa e Castellgalí.