Río Aragón

afluente do río Ebro

O río Aragón é un dos grandes afluentes do río Ebro, ao que se une pola súa beira esquerda despois dun curso de 195 km, a través das comunidades de Aragón e Navarra.

Aragón
O río Aragón en Milagro, Navarra
PaísEspaña
NacementoVal de Astún
Lonxitude195 km
Conca8.524 km²
DesembocaduraRío Ebro
Bacía do Aragón na conca do Ebro.

Percorrido editar

O Aragón nace no circo glaciar do Val de Astún (Huesca) a 2.050 m.s.n.m.. Na cabeceira recolle as augas do ibón de Escalar e do de Truitas. Flúe augas abaixo pola alta montaña deica chegar a Jaca, onde o seu curso muda de dirección para moverse cara ao oeste e entrar en terra navarra. Neste curso alto, no que a conca pode superar os 2.500 metros de altitude, a caída de neve é abundante, o que orixina no dexelo primaveral grandes cheas, ao que se suman as boas chuvias no outono.

En Navarra únese ao Ebro augas abaixo da localidade de Milagro.

Afluentes editar

Entre os tributarios do Aragón salientan os ríos seguintes: Gas, Lubierre, Candanchú, Estarrún, Aragón Subordán, Beral, Esca, Iratí (con importantes afluentes), Regal, Onsella, Cidacos e Arga.

Conca e caudal editar

A conca do Aragón é unha conca disimétrica, pois a maioría dos seus afluentes recíbeos pola orela dereita. O total da conca do Aragón abrangue 8.524 km² e o seu caudal medio anual é de 1.300 Hm³/ano.

Encoros editar

 
Río Aragón (Pireneos)

O curso do río está regulado polo encoro de Yesa, cunha capacidade de 470 Hm³ de auga, que en parte se aproveitan para usos agrícolas grazas a canle das Bardenas, que desde a súa orixe en Yesa ata o seu escoamento no río Gállego, en Ardisa, ten unha lonxitude de 139 km.

Contorno ambiental editar

A conca do Aragón presenta unha gran variedade vexetal, de xeito que se poden atopar especies de diferentes climas e ambientes, como o piñeiro negro, carrasca, faia, piñeiro vermello, abeto, acivo, álamo trémulo, freixo, abruñeira, buxo, toxo, xinebro, caxigo etc.