Abrir o menú principal

O Amstel é un río nos Países Baixos que flúe a través da cidade de Ámsterdam. O seu nome provén de Aeme stelle, en neerlandés antigo "zona con abundante auga".

Río Amstel
Amsterdam Amstel 20041105.jpg
PaísPaíses Baixos Países Baixos
NacementoAarkanaal
Lonxitude12
Location Amstel with Drechtkanaal.PNG
Localización do río Amstel
O río Amstel ao seu paso por Amsterdam

XeografíaEditar

O río orixinariamente comezaba cando dous pequenos ríos, o Drecht e o Kromme Mijdrecht, se xuntaban un pouco ao sur de Uithoorn. Despois da construción dun canal, o Amstel-Drecht Kanaal, o río agora nace onde o Drecht e outro canal, o Aarkanaal, xúntanse entre si, preto da cidade de Nieuwveen.

A foz do río está en Amsterdam, onde se desembocaba na baía do IJ. Porén, en 1936 a última parte do río, chamada Rokin foi enchida, polo que agora o río remata na praza Spui, aínda que segue conectado co IJ por unhas tubaxes soterradas.

Illa de AmstelEditar

O río contén unha soa illa, chamada sinxelamente Amsteleiland (Illa de Amstel). A única estrada que a atravesa pertence a Ouderkerk aan de Amstel, mais a illa en si é parte do municipio de Amstelveen. Ten unha superficie aproximada de 0,05 km².

Galería de fotosEditar

 
O río Amstel en Ámsterdan, vista panorámica.