Río Ahja
O Ahja é un río de Estonia de 103.4 km de lonxitude que nace no lago Erastvere no concello de Opetää e desemboca no río Emajõgi. A súa conca é de 1074 km² e no seu tramo inferior o río é navegable, en 1952 construíuse no tramo medio do río, a central hidroeléctrica de Saesaare. No seu curso están os espazos protexidos de Tillerou e o Val do Ahja, este último cos seus característicos afloramentos de arenita. Os principais afluentes pola dereita son o Lutsu e Orajõgi e pola esquerda Hilba e Leevi.
Río Ahja | |
---|---|
País | Estonia |
Nacemento | lago Erastvere |
Lonxitude | 103,4 km |
Conca | 1074 km² |
Desembocadura | río Emajõgi |