Rán

deusa do mar na mitoloxía nórdica

Na mitoloxía nórdica, Rán (antigo nórdico "mar") é unha deusa do mar. De acordo co libro Skáldskaparmál da Edda prosaica escrita por Snorri Sturluson, e co poema Lokasenna da Edda poética, é a muller do xigante Ægir, co cal tivo nove fillos. Snorri tamén di que ten unha rede coa que tenta capturar homes que se internan no mar.

"Rán" (2004) de Anker Eli Petersen.

A súa rede tamén é mencionada na Reginsmál e na Saga Völsunga, nas que lle deixa o aparello a Loki para que poida capturar a Andvari. Tamén está relacionado con ela a tradición dos mariñeiros de levar ouro con eles para calquera viaxe, de xeito que se afogaban no mar, Rán quedaría satisfeita polo seu agasallo. [1]

Notas editar

  1. Monaghan, Patricia (2009). Encyclopedia of Goddesses and Heroines. abc-clio. p. 641. ISBN 978-0-313-34989-8. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar