Abrir o menú principal

Quinto de Esmirna

Quinto de Esmirna (en grego Κόιντος Σμυρναίος) foi un poeta épico grego que viviu entre os séculos III e IV.

Quinto de Esmirna
Nacementoséculo IV
 Esmirna
Falecementoséculo IV
NacionalidadeRoma Antiga
EtniaGregos
Ocupaciónescritor e poeta
Coñecido/a porPosthomerica
editar datos en Wikidata ]
Posthomerica, 1541

TraxectoriaEditar

Son escasos os datos biográficos sobre Quinto de Esmirna. Compuxo, ao redor dos séculos III ou IV de nosa era, as Posthoméricas, poema en catorce libros cuxa finalidade era seguir o ciclo épico troiano alí onde o deixou Homero e converterse en continuación natural da Ilíada.

As Posthoméricas comezan coa morte e funerais de Heitor (momento no que acaba a Ilíada) e narra todos os sucesos posteriores, até o final da guerra de Troia, non recollidos por Homero, pero ben coñecidos por outras fontes: morte de Aquiles, tolemia de Áiax ou Aiante, intervención de Filoctetes e Neoptólemo, argucia do cabalo de madeira, conquista da cidade e repartición de prisioneiras. A obra conclúe co regreso dos heroes gregos ás súas patrias, punto no que as Posthoméricas enlazan co outro gran poema homérico, a Odisea.

Aínda que o modelo principal é, como cabía esperar, Homero, Quinto de Esmirna baséase en moitas outras fontes para compor o seu relato: Apolonio de Rodas, Sófocles, Eurípides, etc. Non está do todo clara a influencia de Virxilio, a pesar das grandes similitudes entre as Posthoméricas e a Eneida. Auténtica xoia para todos os interesados polo ciclo mítico da guerra de Troia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar