Quinta da Regaleira

O Palacio da Regaleira é o edificio principal e o nome máis común do palacio da Quinta da Regaleira. Tamén se coñece como Palacio do Monteiro dos Milhões, denominación asociada ao alcume do seu primeiro propietario, António Augusto, que foi distinguido polo rei Carlos I de Portugal o 16 de agosto de 1904 como barón de Almeida.

Quinta da Regaleira
Vista do palacio
Coordenadas38°47′47″N 9°23′46″O / 38.79635278, -9.39603056Coordenadas: 38°47′47″N 9°23′46″O / 38.79635278, -9.39603056
editar datos en Wikidata ]
Entrada da quinta escondida no arboredo.

O palacio está situado na aba da serra de Sintra e a escasa distancia do centro histórico de Sintra, estando clasificado como Inmoble de Interese Público dende 2002.[1] O mesmo forma parte integral da paisaxe cultural de Sintra, clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1995.[2]

Localización editar

Atópase en pleno centro histórico de Sintra, ben preto do Palacio de Seteais. Benefíciase do microclima da serra de Sintra, que contribúe en gran medida ao mantemento da exuberante vexetación e as constantes neboeiras.[3]

Historia editar

 
Ermelinda Allen de Almeida, Baronesa da Regaleira.

A documentación histórica relativa á Quinta da Regaleira é escasa no referido aos tempos anteriores á súa compra por Carvalho Monteiro. Sábese que, en 1697, José Leite era o propietario dunha vasta propiedade nos arredores da vila de Sintra, que hoxe integra a Quinta.

Francisco Albertino Guimarães de Castro comprou a propiedade (coñecida como Quinta da Torre ou do Castro en 1715), en acta pública, e canalizou a auga da serra para alimentar unha fonte alí existente. En 1830, en mans de Manuel Bernardo, a Quinta toma a actual designación. En 1840, a Quinta da Regaleira foi adquirida pola filla dunha negociante do Porto, de apelido Allen, que máis tarde foi agraciada co título de 1ª Baronesa da Regaleira ou a máis coñecida Baronesa de Almeida. Data deste período a construción dunha casa de campo que é visíbel nalgunhas representacións iconográficas de finais do século XIX.

A historia da Regaleira actual comeza en 1892, ano en que a propiedade foi adquirida por António Augusto de Carvalho Monteiro (1848-1920). O arquitecto Henri Lusseau deseñou os primeiros planos entre 1895 e 1896, mais a incapacidade de reinterpretar o estilo manuelino pretendido polo propietario levou á procura doutro intérprete. Carvalho Monteiro acabou por atopar a Luigi Manini, que fixera carreira como escenógrafo no Teatro La Scalla e máis tarde no São Carlos e nos principais teatros portugueses, facéndoo o seu brazo dereito.

A maior parte da construción actual da Quinta tivo inicio en 1904 e rematou en 1910,[1] aínda durante o período da monarquía. Hoxe, a Quinta pertence á Cámara Municipal de Sintra e está aberta ao público.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "IGESPAR". IGESPAR. Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  2. "Advisory Board Evaluation" (PDF). Whc.unesco.org. Páxina da UNESCO sobre Sintra: The cultural landscape of Sintra, with its serra, is an extraordinarv and unique complex of parks, gardens, palaces, country houses, monasteries, and castles, which creates a popular and cultural architecture that harmonizes with the exotic and overgrown vegetation, creating micro-landscapes of exotic and luxuriant beauty. (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  3. "Localización en Mapas de Google". Consultado o 23 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar