Quimbaya, Quindío

concello do departamento de Quindío, Colombia

Quimbaya é un concello colombiano que se atopa na parte occidental do departamento do Quindío. Atópase a 20 km do noroeste da capital do departamento, Armenia. O nome da cidade deriva do nome da cultura precolombiana que habitou a zona, a civilización quimbaya. Ten unha superficie de 126,69 km².[1]

Modelo:Xeografía políticaQuimbaya, Quindío
Imaxe

Localización
Mapa
 4°37′26″N 75°45′47″O / 4.6239, -75.7631Coordenadas: 4°37′26″N 75°45′47″O / 4.6239, -75.7631
EstadoColombia
DepartamentosQuindío Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación35.276 (2018) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1.339 m Editar o valor em Wikidata
Creación1914 Editar o valor em Wikidata

Páxina webquimbaya-quindio.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Quimbaya limita polo norte e polo oeste co departamento de Valle del Cauca, co río La Vieja que forma o límite occidental. Polo sur, o río Roble forma o límite cos concellos de Montenegro e Circasia. O límite oriental é co municipio de Filandia.

Quimbaya foi fundada en 1914 por Juan de J. Buitrago, e converteuse en concello en 1922. En 2015 tiña unha poboación estimada de 35 039 persoas.[2]

Notas editar

  1. "Información general de Quimbaya". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 5 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar