Quen a ferro mata

filme de 2019 dirixido por Paco Plaza

Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.[2]

Quen a ferro mata
Ficha técnica
Título orixinalQuien a hierro mata
DirectorPaco Plaza
ProdutorMercedes Gamero
Mikel Lejarza
Emma Lustres
Borja Pena
GuiónJuan Galiñanes
Jorge Guerricaechevarría
IntérpretesLuís Tosar
Xan Cejudo
María Vázquez
MúsicaMaika Makovski
FotografíaPablo Rosso
EstudioTelevisión de Galicia
Vaca Films, S.L.
Atresmedia Cine
Movistar+
Playtime Production
Estrea2019
Duración107 minutos
OrixeGalicia Galicia
Francia
XéneroDrama e suspense
Recadación2.426.829,99 €[1]
Na rede
IMDB: tt7967412 Filmaffinity: 713289 Allocine: 262267 Rottentomatoes: m/eye_for_an_eye_2019 Netlix: 80997602Editar o valor em Wikidata

Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme. Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo, conseguiu 15 nomeamentos, entre eles o de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor guión ou fotografía.[3]

Estreouse en galego o 1 de abril de 2021 a través da TVG.[4]

Sinopse editar

Mario traballa como enfermeiro nunha residencia de Galicia, onde é querido por todo o mundo. Un día ingresa na residencia o coñecido narcotraficante Antonio Padín. Mario, comprometido coa súa profesión, faille sentir como na casa. Despois da retirada de Padín, os seus fillos Kike e Toño póñense á fronte do clan familiar.[5]

Personaxes editar

Voz da dobraxe galega de Matías Brea.[6]
Voz da dobraxe galega de Tacho González.[6]
Voz da dobraxe galega dela mesma.[6]
Voz da dobraxe galega de Antón Rubal.[6]
Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.[6]

Produción editar

Foi rodado en localizacións da Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.[7]

Notas editar

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Quen a ferro mata". Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  2. "Quien a hierro mata (2019)". IMDb. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  3. "'Hierro', 'Quen a ferro mata' e 'O que arde' lideran as candidaturas aos Mestre Mateo". Praza.gal. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  4. TVG (ed.). "Quen a ferro mata na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021. 
  5. "Datos de Pelicula ICAA - Catalogo de Películas ICAA". infoicaa.mecd.es. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 @Cinemarfilms (ed.). "Dobraxe de Quen a ferro mata na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021. 
  7. CRTVG, ed. (29 de agosto de 2019). "Chega aos cines 'Quen a ferro mata', filme participado pola TVG, con Luís Tosar como protagonista". Consultado o 11 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar